займ срочно

A concelleira popular María Antón pide a Compostela Aberta que aposte pola Área Santiago

0

Compostela, 11 de abril do 2017 –  O Grupo Municipal Popular presentará unha pregunta oral no vindeiro pleno para que o Goberno de Compostela Aberta dea conta detallada da xestión, participación e promoción da Asociación Área Santiago.

Neste senso, a concelleira popular María Antón ofreceu unha rolda de prensa para amosar a súa preocupación polo esmorecemento desde 2015 desta agrupación, debido ao deixamento e falta de impulso do actual equipo de goberno.

A concelleira popular fixo referencia a que, hai escasos días, o Goberno do Concello de Lalín anunciou publicamente a súa intención de abandonar a agrupación de Área Santiago e de non renovar o convenio que estivo vixente ata o pasado mes de decembro de 2016. Entre os motivos sinalados destacan os incumprimentos habidos, citando expresamente a non remisión da conta xustificativa do ano pasado e a escasa rendibilidade da contía -preto de 4.0000 euros- que achegaba este concello.

Ante esta mala noticia, a concelleira popular insta a Compostela Aberta a que aclare os motivos polos que a día de hoxe aínda non se ten enviado o balance de xestión anual aos concellos que integran Área Santiago, así como tamén as previsións que manexa para a sinatura do novo convenio de colaboración e para o novo Plan de Acción desta entidade para o vixente ano.

Tal e como recorda María Antón, a decisión anunciada por Lalín, vense a unir as rexistradas por Teo, Brión e Ames, “o que contribúe a debilitar unha agrupación que chegou a contar con dezanove concellos”. “Se o abandono de Lalín se produce finalmente, teremos que valorar a parte de culpa que ten o concello de Santiago, xa que é quen xestiona esta asociación a través de Incolsa. Teremos que ver se tamén hai unha deixamento de funcións ou non está cumprindo co protocolo de colaboración”, salienta María Antón.

Área Santiago é unha asociación de municipios creada en 2013, tras a sinatura dun protocolo de colaboración para realizar un traballo conxunto no eido turístico. “Se realmente hai unha aposta por Área Santiago, que consideramos que debería ser ambiciosa e integrar aínda máis á contorna da nosa cidade para ser líder dunha ampla zona xeográfica, Compostela Aberta debería demostralo con feitos”, subliña.

Do mesmo xeito, María Antón amosa a súa preocupación pola causa que esgrime Lalín para abandonar Área Santiago: “Compostela Aberta estaría vulnerando a transparencia da que fai gala e da que xa sabemos que non existe”. Neste senso, subliñou que a actividade de Incolsa “está no escurantismo total” e recordou que o grupo popular solicitou en varias ocasións información ao respecto e o concello se nega a facilitala.

“Ao concello non lle interesa Área Santiago”, lamenta María Antón, que insiste en que “non sabemos se o hoxe alcalde de Santiago, antes de Teo, xa viña cunha idea preconcebida arredor de Área Santiago e esta era a súa liña vermella”. Neste senso, considera que ten que ser Santiago quen lidere a este grupo de municipios, por ser xustamente quen o xestiona a través de Incolsa: “Non sabemos se hai un interese propio do alcalde por deixar esmorecela ou se simplemente é unha incapacidade de xestión do goberno”.

Esta é a segunda iniciativa que presentan os populares interesándose por Área Santiago. A primeira delas foi en febreiro de 2016, a través dunha proposición, co fin de que o concello “recuperase ou intentase aumentar a influencia de Área Santiago a outros concellos co fin de ampliar a oferta turística”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies