Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón reclama seguridade viaria na N-525

O concello de Boqueixón reclama arranxos na N-252 ao seu paso por Lestedo que melloren a seguridade viaria dunha zona moi transitada.
boqueixon-delegacion-goberno-rotonda-slide-30-abril-2024_r

Bisbarra, 30 de abril do 2024 – O concello de Boqueixón reclama arranxos na N-252 ao seu paso por Lestedo que melloren a seguridade viaria dunha zona moi transitada.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, aproveitou a visita do delegado del Goberno, Pedro Blanco, e da subdelegada na Coruña, María Rivas, para lembrarlle a urxencia de resolver estas eivas.

Rodeiro explicoulle ao Delegado que “Urxe mellorar a conexión da N-525 coa estrada provincial de Vedra (C-1202) e a estrada municipal que discorre cara o campo de fútbol e o Pico Sacro mediante unha rotonda que mellore a seguridade viaria nesta zona de Lestedo”.

Alcalde e delegado do Goberno comprobaron os problemas derivados da nova sinalización horizontal levada a cabo polo Ministerio de Fomento na intersección da N-525 coa C-1202 e a estrada municipal cara o Pico Sacro, prohibindo tanto o xiro á esquerda en dirección Santiago-Ourense como atravesar a N-525 desde a C-1202 cara o Pico Sacro e viceversa.

Unha nova sinalización que prexudicou especialmente aos veciños das aldeas de Milleirós e Vilar, que viron dificultado o acceso ás súas vivendas, e supuxo tamén incomodidades tanto para os milleiros de visitantes do Pico Sacro como para os condutores que cada día atravesan Lestedo desde ou para Vedra e Pazos.

Para solucionar o problema, o Concello de Boqueixón solicitou en novembro de 2021 a construción dunha glorieta na N-525, proposta da que xa está redactado un proxecto orzamentado nuns 250.000 euros, que ademais permitiría reducir a velocidade dos vehículos que entran en Lestedo, polo que non sería preciso instalar o semáforo solicitado por el Concello.

 “Sabemos que o Ministerio de Fomento ten redactado xa o proxecto de rotonda, pero que está pendente de financiamento a través da súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado”, apunta Ovidio Rodeiro.

Estas actuacións únense á demanda veciñal para que se mellore o tráfico e a circulación de vehículos en Lestedo, a través da redución da velocidade no inicio da avenida, o que repercutiría directamente na seguridade dos veciños e veciñas. Unha situación da que tamén se deu traslado ao anterior delegado do Goberno, José Miñones, durante a visita realizada en outubro de 2022.

Post navigation

Previous: A primeira muiñeira documentada ten 238 anos
Next: A depuradora de Urdilde, en Rois, estará rematadas no verán

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.