займ срочно

Terceira edición da Ruta do terror Nocturna do voluntariado de Lousame

0

Lousame, 6 de setembro do 2017 – Os integrantes da asociación de voluntariado de Lousame organiza por terceiro ano consecutivo a Ruta do terror Novcturna que terá lugar na noite do 23 de setembro.

Unha iniciativa na que poderán participar un total de 200 persoas, que deberán anotarse na Casa da Cultura de Lousame, no 650 859 729 ou a través do Facebook de AVAD Lousame. Nos cinco primeiros días de inscrición xa se cubriron máis de 150 prazas.

A Ruta do Terror Nocturna comezará ás 21:00 horas do 23 de setembro e transcorrerá entre Vilar de Tállara e Merelle. Durante ese camiño, os sendeiristas, que deberán ir equipados con lanternas e chalecos reflectantes, deberán afrontar todo tipo de situacións e sorpresas a cargo dos integrantes do voluntariado de Lousame, que buscarán en todo momento asustar aos participantes.

Esta III Ruta Nocturna está organizada polos voluntarios de Lousame, en colaboración co Concello , Iniciativa Xove e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies