займ срочно

Lousame pon en marcha Educando en familia, un programa gratuíto de formación sobre a primeira infancia

0

Lousame, 7 de novembro do 2018 – A concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, asistiu á posta en marcha do programa Educando en Familia, unha actividade socioeducativa totalmente gratuíta e que está dirixida a familias con fillos e fillas de 0 a 3 anos.

As sesións de Educación en Familia terán lugar durante o curso escolar todos os martes, de 11:00 a 12:30 horas, no Punto de Atención á Infancia de Lousame, na parroquia de Tállara. Silvia Agrafojo explica que “o obxectivo é que as familias de Lousame teñan un lugar de encontro para compartir experiencias, polo que animo aos pais e nais con fillos e fillas de menos de tres anos a que participen. Penso que vai ser unha experiencia moi enriquecedora na que, ao final de cada sesión, terá lugar unha titoría individualizada para comentar calquera dúbida”. O prazo de inscrición estará aberto nos Servizos Sociais do Concello de Lousame ou no 981 820 494.

A concelleira de Servizos Sociais indica que “este é o terceiro ano no que facemos esta actividade, pero este curso vai ser algo diferente. Os dous primeiros foi impartido por unha psicóloga e este ano quixemos cambiar un pouco a actividade, que vai ser impartida pola educadora familiar de Lousame”.

Pilar Calvo, educadora familiar de Lousame, explica que Educando en familia vai ser “un espazo para compartir experiencias e a forma que temos de educar todas as familias e aportar o que podemos cada un. Hai diferentes formas de educar, non hai mellores nin peores, hai diferentes. O que tratamos é que todos aporten a súa experiencia”. Neste sentido, Pilar Calvo adianta que “intentamos que as sesións sexan moi grupais, para que todos aporten a súa experiencia e nós proporcionarémoslles as ferramentas que sexan precisas para mellorar no posible. A educar tamén se aprende, porque os nenos non veñen cun manual de instrucións debaixo do brazo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies