Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame

Lousame convoca vinte prazas nos programas Concilia

Concello de Lousame _DSC1067 slide _r

Lousame,  11 de decembro do 2018 – O Concello de Lousame abre hoxe o prazo de inscrición no “Lousame Concilia”, programa de conciliación familiar que por terceiro ano consecutivo se convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa.

Lousame Concilia dispón de 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, dous ou nos tres períodos ofertados. Unhas inscricións que deberán formalizar nos Servizos Sociais do concello entre o 11 e o 17 de decembro.

O programa de conciliación é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 12 anos que terá lugar durante os días laborables dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. No caso do Nadal serán 9 días: 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro; e do 2, 3, 4 e 7 de xaneiro. En Entroido 3 días: do 4 ao 6 de marzo de 2019. Finalmente en Semana Santa serán tamén 3 días: do 15 ao 17 de abril.

Para anotarse, as familias só terán que cubrir e asinar o correspondente impreso de solicitude e presentar a última nómina ou recibo de persoas autónomas para acreditar a situación laboral puntuable. Á hora de establecer o baremo para a admisión dos pequenos, o Concello de Lousame outorgará 3 puntos a todos os menores empadroados en Lousame cunha antigüidade mínima dun ano. Así mesmo, daranse 2 puntos a aquelas solicitudes cos dous proxenitores empregados e 1 punto no casos nos que un dos proxenitores traballe. Tamén se outorgará 1 punto aos que non superen os ingresos establecidos para a situación socioeconómica familiar.

En caso de empate na puntuación, aplicarase a orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello de Lousame. Así mesmo, dende Servizos Sociais lembran que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos ao “Lousame Concilia” en datas concretas, sempre que queden prazas vacantes. Para iso é preciso chamar ao 609 828 853 para reservar a praza.

“Lousame Concilia” é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.

Post navigation

Previous: Denuncian que no concello de Tordoia non existe documentación que acredite a aprobación definitiva do PXOM
Next: Frades e Cáritas inician a quinta campaña de Nadal de recollida de alimentos

Máis novas

Veciños, políticos e estudiosos reivindican a Zernandas de Castro en Lousame
5 minutes read
  • Lousame

Lousame reivindica a Zernadas de Castro como precursor do galeguismo

lousame 8m
3 minutes read
  • Lousame

As voluntarias europeas de Lousame protagonizarán os actos do 8 de marzo

deputacion acordos lousame 13 febreiro 2026 (2)
2 minutes read
  • Lousame

Lousame e Deputación renovan o céspede artificial do campo de fútbol de Cabanetán

LOUSAME ENTROIDO 9 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Lousame

Lousame recupera o Desfile de Disfraces de Entroido

lousame reunion alfonso rueda 12 xaneiro 2026
2 minutes read
  • Lousame

Reunión entre o Presidente da Xunta e o alcalde de Lousame

lousame orzamentos 2026 29 decembro 2025
5 minutes read
  • Lousame

Os orzamentos 2026 de Lousame eliminan as partidas dos partidos

lousame museo minas san finxs 21 outubro 2025
2 minutes read
  • Lousame

O Museo das Minas de San Finx premiado en Asturias

lousame cambio de alcalde slide 19 setembro 2025 (2)
5 minutes read
  • Lousame

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.