займ срочно

O alumnado da Escola Municipal de Música de Lousame ofrece un Concerto Solidario de Nadal en favor de Cáritas

0

Lousame, 22 de Nadal do 2017 – O alumnado da Escola  Municipal de Música de Lousame ofrecerá hoxe venres 22 de decembro, ás 20:30 horas, un Concerto Solidario de Nadal en favor de Cáritas.

Unha iniciativa que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura “Santeiros de Chave” e que conta coa colaboración do Concello de Lousame, Cáritas e da Asociación Cultural Prudencio Romo-Banda de Música de Lousame.

Para poder asistir ao concerto é preciso colaborar na campaña de recollida de alimentos para as familias máis necesitadas. Así, o público terá que entregar, en concepto de entrada simbólica, un quilo de produtos non perecedoiros (pastas, latas de conservas, aceite, galletas…), debidamente empaquetados e que non teñan superada a súa data de consumo preferente. Ademais, e tendo en conta as datas que son, tamén se recollerán produtos típicos do Nadal: turróns, polvoróns…

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies