займ срочно

Lousame destinará máis de 900.000 euros a mellorar o alumeado público

0

Lousame, 30 de outubro do 2019 – O concello de Lousame aprobou, nunha sesión extraordinaria e urxente, aceptar  a subvención do proxecto “Aforro enerxético no alumeado público Fase II” e enviar a documentación precisa ao IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía).

os traballos de mellora do alumeado público municipal están orzamentados en 927.271,4 euros, dos que o IDAE financia o 80% grazas a fondos FEDER. A decisión contou co apoio dos tres grupos municipais. Esta decisión ven dada pola auditoría enerxética dos seus 2.148 puntos de luz realizada recentemente. O documento especifica que o concello conta cunha potencia instalada de 212.573 kW e un consumo anual de electricidade de 914.065 kWh/ano, o que supón un gasto de 142.194 euros anuais. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que “esta actuación suporá unha redución do gasto de máis de 95.500 euros anuais e unha minoración de máis de 400.700 kWh de consumo enerxético. Unha vez reformadas, todas as instalacións terán cualificación enerxética A”.

A actuación terá lugar no alumeado público e instalacións municipais do Concello de Lousame nas súas distintas parroquias. “Existen actualmente varios alumeados municipais que están deteriorados polo paso do tempo e con equipos obsoletos polo que é preciso a súa renovación para minorar o gasto enerxético, minorar o gasto de mantemento a través do aumento da vida útil das luminarias, mellorar as condicións de confort visual e adecuar as instalacións ao regulamento vixente”, xustificou Villaverde Pais.

Para conseguir esa redución do gasto Lousame empregará tecnoloxías máis eficientes, reducirá a potencia instalada, axustará os horarios de acendido e implementará sistemas de regulación do consumo horario de madrugada. “Imos substituír as luminarias existentes, algunhas aínda de vapor de mercurio, por outras máis eficientes tipo LED”, puntualizou a alcaldesa, “ademais de renovar os centros de mando actuais, que están deteriorados polo paso do tempo; renovar varios tramos do cabreado para evitar perder enerxía; e instalación de acendido mediante reloxo astronómico dos cadros eléctricos existentes”. Así mesmo, o Concello substituirá as luminarias próximas a estradas para elevar a posición da fonte de luz e conseguir un alumeado máis eficiente.

Xustificación da urxencia

A alcaldesa de Lousame xustificou a urxencia da sesión en que o pasado 16 de outubro chegou un requirimento do IDAE pedindo uns cambios no proxecto técnico, que estiveron listos o pasado venres 25 de outubro, cando o IDAE daba un prazo máximo de 15 días naturais para a súa entrega. A urxencia foi tamén aprobada por unanimidade.

Avaliación

A primeira fase do proxecto “Aforro enerxético nos alumeados públicos do Concello de Lousame” atópase nestes momentos en fase de avaliación, despois de ser licitado por 136.100 euros. Este proxecto inclúe a substitución de 348 puntos de luz do alumeado público en Portobravo, na pista de Cruído, Berrimes e na parroquia de Lousame, onde se cambiarán os sistemas de iluminación por sistemas LED, renovarase os centros de mando, instalaranse reloxos astronómicos de acendido e apagado e renovarase o cabreado, entre outras actuacións.

Un proxecto que permitirá unha redución de máis de 29.887 euros anuais do gasto enerxético así como unha minoración do consumo de 123.356 kWh.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies