Lousame, 27 de outubro do 2018 – A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 28 de outubro, ás 18:00 horas, a actuación da compañía Bandullo Azul, que porá en escena a obra “Filipa cos contos”.
Trátase dunha sesión de 50 minutos na que o actor Fran Campos combinará contos, música, monicreques e teatro. A entrada é libre e de balde.
“Filipa cos contos” é un espectáculo dirixido a toda a familia, onde o actor Fran Campos e a súa “amiga” Filipa contan historias tradicionais, mesturadas con música e humor. Unha divertida maneira para que nenos e maiores desfruten, aprendan e reflexionen sobre os contos populares.