займ срочно

Inauguración da XIII edición do certame Góis-Oroso arte

0

Oroso, 19 de xullo do 2018 –  O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Luís Rey, participaron na localidade portuguesa de Góis na inauguración da XIII edición de Góis-Oroso Arte.

O Góis-Oroso Arte celébrase en xullo en Góis e na primeira semana de setembro en Oroso. O evento está rodeado de actividades de todo tipo como grupos musicais de música tradicional. Este ano, o Concello de Oroso enviou a Gois ao grupo Faiscas da Pontraga. Participan na exposición 68 artistas de 25 países. O Concello de Oroso enviou como artista invitado a Tino Cuesta, que ademais de ser médico é artista. “Oroso e o noso concello irmán de Góis abrimos un ano máis a fiestra da expresión artística para que os creadores ensinen aos nosos veciños a súa visión da realidade a través da pintura, a fotografía e a escultura”, sostén Mirás.

Tanto Manuel Mirás coma a presidenta da Cámara Municipal de Góis, Lurdes Oliveira Castiñeira, destacaron a calidade das obra e o feito de que o certame non foi posto en marcha para que fose algo efémero; de feito, están a facer o posible para que dure para sempre.

“Para o Concello de Oroso, a cultura accesible para todas as idades foi primeiro un desexo, despois unha prioridade na nosa acción de goberno e a día de hoxe tamén unha responsabilidade. Grazas o interese mostrado por todos os veciños e veciñas, a programación cultural medra cada ano e obríganos a ser máis esixentes”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies