Bisbarra, 3 de setembro do 2019 – O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla Tambre Mandeo organiza dous cursos de produción de té de camelia e de produción de nogueira.
Os curso de te de Camelia terá lugar os días 13, 14, 20 e 21 de setembro. O horario será de 16.00 a 20.00 horas os venres e de 20.00 a 14.00 horas os sábados.
A formación relativa a nogueira será os días 27 e 28. O horario en este caso será de 16.00 a 20 horas na primeira xornada, e de 10.00 a 14.00 horas na segunda.
Estas actividades de fomento do autoemprego realizaranse no Edificio do antigo centro médico de O Pedrouzo (O Pino), serán gratuítos e contarán con formación teórica e práctica. O prazo de inscrición remata hoxe martes. O alumnado estará composto por un máximo de 20 persoas.
A inscrición pode facerse de forma gratuíta e presencial no Edificio antigo do centro médico de O Pedrouzo-Arca en O Pino (Avda. De Lugo,41), chamando ao 981 511 377 ou enviando un correo electrónico a leader@gdrullatambremandeo.gal. O prazo de inscrición remata o martes 3 de setembro.
GDR Ulla Tambre Mandeo
O Grupo de Desenvolvemento Rural é unha asociación sen ánimo de lucro, que dende que se fundou, en Sobrado dos Monxes no 2008, ten como obxectivo fundamental promover o desenvolvemento do territorio. Actualmente está formado polos concellos de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Touro, Toques e Vilasantar. Para elo conta co concurso, participación e colaboración de todos os axentes públicos e privados que interveñen nos procesos de desenvolvemento económico, social e cultural e que, entre outras actuacións, xestionan o Programa Leader.