займ срочно

Preocupación polo futuro laboral dos profesores da Escola de Música de Compostela

0

Compostela, 3 de maio do 2018 – A Confederación Intersindical Galega, CIG, ven emitir un comunicado como sindicato maioritario na Escola Municipal de Música de Compostela no que mostra a súa preocupación pola falta de información sobre o futuro laboral dos profesores.

A CIG agarda que o Concello de Santiago manteña o seu compromiso de garantir a continuidade do persoal da Escola de Música Municipal pero explica que as portas do mes de xullo os docentes non teñen información sobre se poderán manter o posto de traballo.

Tras varias reunións mantidas co concelleiro de Educación de Santiago, Manuel Dios, e ante a situación de incerteza que se abre despois de que a actual adxudicataria da Escola Municipal de Música non se presente ao concurso para a renovación do contrato, a CIG amosa a súa preocupación polo futuro dos 24 empregados e empregadas que conforman até agora o cadro de persoal deste centro.

O secretario comarcal do sindicato, Rubén Fernández indica que “Algúns deles levan arredor de 15 anos de servizo nunha escola con grande aceptación social, como o demostra as cifras de matrícula que posúe, con preto de medio milleiro de alumnado, nestes intres, a pouco máis dun mes de que finalice o curso, o persoal docente e de servizos non sabe se vai continuar traballando en setembro. A CIG lembra que no seu día asinouse un acordo que garante a subrogación dos profesores polo que agarda que se respecte por parte da nova concesionaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies