Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Frades
  • Xeral

II Festa Rural en Frades esta fin de semana

A praza de Ponte Carreira acollerá do venres ao domingo a segunda edición da Festa Rural de Frades, tras o éxito obtido o ano pasado.
frades-festa-rural-slide-8-setembro-2022_r

Bisbarra, 14 de setembro do 2023 – A praza de Ponte Carreira acollerá do venres ao domingo a segunda edición da Festa Rural de Frades, tras o éxito obtido o ano pasado.

A Festa Rural está organizada polo concello de Frades en colaboración coa asociación de veciños Rexente, a asociación da terceira idade de Frades, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. O alcalde Roberto Rey, explica que  “Desde o Concello de Frades queremos convidar a todo o mundo a esta festa para repetir o éxito obtido o ano pasado”.

A II Festa do Rural de Frades abrirá as súas portas este venres 15 de setembro co programa “Interritmos. Sons do rural: xunco, vimbio e palla”, unhas xornadas promovidas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Local no marco do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020.

Ás 19:30 horas terá lugar a actuación musical de Leni Pérez e Roberto Comesaña, gañadores do concurso Interritmos 2023, que darán paso ás 20:00 horas a dous obradoiros de cestaría no que os artesáns Álvaro M. Leiro e Rosa Olveira contarán a súa experiencia no eido da cestería tradicional galega. Ás 20:45 horas, nova actuación musical, desta vez da man do grupo gañador do Interritmos 2023: As lembranzas. A xornada rematará cunha degustación de produtos locais.

O sábado 16 de setembro terá lugar a apertura do mercado de artesanía e da exposición etnográfica. A mostra etnográfica recollerá unha selección dos obxectos recollidos no Museo de Frades: útiles e ferramentas do campo, aparellos do fogar, elementos dos antigos colexios… No mercado de artesanía participarán unha vintena de postos de cestos, coiro, madeira, xoiería, maquetas… Algúns dos artesáns farán demostracións da súa arte en directo e outros mesmo unha degustación dos seus produtos, como a Casa Grande de Xanceda.

A partir das 20:00 horas, concerto infantil da man de Pakolas, co seu espectáculo “Rockeando con Ramona pequena”. Ao rematar, a iso das 22:00 horas, terá lugar unha verbena popular co Dúo Arcángel.

Xantar popular

O domingo 17 de setembro, a II Festa do Rural abrirá as súas portas pola mañá coa apertura do mercado de artesanía e un pasacalles da man do grupo ordense Embruxo Gaiteiros. A partir do mediodía haberá unha exposición de motos antigas e unha degustación de callos, que serán entregados de balde con cada consumición nun dos bares da praza.

A sesión vermú correrá a cargo do grupo “Ailá”, que dará paso a un xantar popular composto por uns entrantes de empanada e xamón, seguido por callos e xarrete con verduras. De sobremesa haberá larpeira e xeado. O prezo do menú e de 28 euros persoas adultas, 18 euros menores de 12 anos e de balde para menores de 5 anos. Os tickets están á venda ata o 15 de setembro no Concello de Frades, na asociación de veciños Rexente, na asociación da terceira idade de Frades e nos bares de Ponte Carreira.

Pola tarde, de 17:00 a 19:30 horas, terá lugar unha nova edición do Festival Folclórico coa participación dos grupos Sarillo (Aiazo), Medorra con Troula (Galegos) e “Os Viqueiras de Villaverde” (Ordes). Paralelamente, a rapazada desfrutará cos xogos do Paporrubio. Os grupos “Maghúa” e “Tiruleque” serán os encargados de pechar esta II Festa Rural do Concello de Frades cunha verbena que dará comezo ás 20:30 horas.

Post navigation

Previous: O Patrimonio toma a noite de Compostela este sábado
Next: Taboleiro dixital de anuncios e axudas para libros de texto no pleno de Brión

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.