займ срочно

Frades repartirá 1.000 euros nos premios do Entroido

0

Frades, 14 de febreiro do 2020 – Frades mantén aberto o prazo de inscricións na festa de Entroido que celebrará o vindeiros día 23 e na que repartirá 1.000 euros en premios entre as distintas categorías.

A cita con Entroido comezará as cinco da tarde no pavillón municipal de Ponte Carreira. Para anotarse hai que acudir ao propio concello de Frades ou nos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663 antes das 14:00 horas do venres 21 de febreiro. Os dorsais dos participantes poderán recollerse no propio pavillón polideportivo de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas. Se algún participante precisa dunha música concreta para a actuación deberá entregala antes de que remate o prazo de inscrición.

Premios

O concurso mantén as dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes). O xurado premiará os dous mellores disfraces de cada categoría. As bases recollen que se nun grupo infantil hai un adulto, a agrupación pasará de xeito automático a competir na categoría de adultos.

Frades repartirá 1.000 euros nos premios do EntroidoHaberá premios de 300, 150 e 75 euros para os mellores grupos adultos; así como 100 e 50 euros na categoría individual. Na categoría infantil, os gañadores do concurso de grupos levarán 100, 50 e 30 euros, respectivamente; mentres que os gañadores do concurso individual infantil levarán 60 e 30 euros. Os premios especiais aos mellores disfraces individuais ou grupos de Frades, sempre que non foran premiados noutra categoría, serán de 125, 75 e 50 euros.

 Durante toda a tarde, o pavillón municipal de Ponte Carreira acollerá tamén unha gran festa de animación con xogos, inchables, obradoiros, mascotas, música, fotomatón e unha gran chocolatada con rosca.

Programa de entroido

O Concurso de Disfraces será o pistoletazo de saída ás festas do Entroido en Frades, que inclúen un campamento gratuíto de conciliación para o luns 24 e o mércores 26 de febreiro, de 9:30 a 13:30 horas. Dirixido a nenos e nenas en idade escolar, o campamento incluirá xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas de Entroido. A participación é totalmente gratuíta, se ben o número de prazas é limitado polo que é necesario inscribirse antes do 21 de febreiro no Concello de Frades ou nos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663.

Así mesmo, durante a tarde do luns 24 de febreiro, de 16:00 a 19:00 horas, terá lugar no multiúsos de Frades unha gran Festa de Entroido. Haberá obradoiros de Entroido, taller de maquillaxe, merenda e agasallos para todos os nenos e nenas que veñan disfrazados. A participación é gratuíta, se ben por razóns de organización é preciso anotarse previamente no Concello antes do 21 de febreiro. Os e as menores de 4 anos deberán ir acompañados/as por unha persoa adulta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies