займ срочно

Frades entrega máis de 3.000 euros en axudas escolares

0

Frades, 2 de agosto do 2017 – O Concello de Frades entregou máis de 3.000 euros en axudas escolares para material e transporte escolar. A convocatoria municipal beneficia a 41 alumnos do municipio.

As becas foron entregadas polo alcalde, Roberto Rey, e polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro.

O alcalde explicou que as axudas escolares “pretenden axudar ás familias con maiores dificultades económicas, de maneira que teñan as menores dificultades posibles para que os seus fillos e fillas poidan cursar os seus estudos”. Rey sinalou como unha das prioridades do seu goberno o apoio ás persoas con menos recursos e anticipou que en vindeiras convocatorias o Concello estuda a posibilidade de incrementar as axudas.

A subvención para transporte escolar foi convocada para alumnado de Bacharelato ou de Formación Profesional (grao medio), cunha contía de 150 euros por cada solicitude atendida. As axudas para a adquisición de material escolar dirixíronse a nenos e nenas de Primaria e de Secundaria, cunha contía de 70 euros por estudante e curso.

Como condicións esenciais para solicitar estas axudas, o Concello de Frades estableceu que as persoas beneficiarias estean empadroadas no municipio, que acrediten que cursan os estudos para os que presentan a súa petición e que a familia estea ao día no pago das súas obrigas tributarias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies