займ срочно

Frades acolle dous cursos gratuítos para veciñas dentro  do Programa Neneiras

0

Frades, 6 de xuño do 2019 –  O Concello de Frades e a ONG Mestura colaborarán, por segundo ano consecutivo, na organización conxunta de dous cursos gratuítos ao abeiro do programa Neneiras.

Neneiras é  unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade para promover a igualdade e a integración social das mulleres do rural. Os dous cursos, de coidado do coidador e de manexo de móbiles, terán lugar no edificio multiusos de Frades neste mes, nun horario aínda por confirmar. A asistencia é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567.

O curso de coidado do coidador será impartido por profesionais en menciña, enfermería, psicoloxía e traballo social, que achegarán os seus distintos puntos de vista sobre os coidados básicos diarios a persoas dependentes ou con algún tipo de discapacidade e farán fincapé na necesidade de mellorar a comunicación coas persoas a coidar.

Pola súa banda, o curso de manexo de teléfonos móbiles ten como obxectivo que a persoa participante coñeza como utilizar un smartphone, así como o uso seguro de Internet na contorna familiar e a privacidade nas redes sociais.

Estes dous cursos son froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, que conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies