займ срочно

Fracaso do Consello Asesor da radio municipal de Ames

0

Ames, 1 de xuño do 2018 – O Partido Popular de Ames denuncia o fracaso de funcionamento do Consello Asesor da Radio Municipal pola non asistencia dos integrantes.

O 28 de xullo de 2016 o Pleno de Ames aprobaba o Regulamento de Organización e Funcionamento da Radio Municipal. O PP lembra que o artigo 6 recolle a creación do “ Consello Asesor de Comunicación” como órgano asesor do Pleno da Corporación en materia de comunicación.  Tras un proceso de nomeamento de representantes o Consello queda conformado con 15 membros no que todos os grupos políticos teñen un representante e a presidencia do mesmo recae na Concelleira de Comunicación, Isabel Baquero do BNG.

Mínimo necesario

O Consello debe reunirse como mínimo dúas veces ao ano pero para que estes encontros precisan da terceira parte dos membros, 5 polo menos, para ter quorum. Esta cifra lógrase coa presenza dos representantes políticos e os funcionarios municipais e os acordos tomados serían legais por maioría simple e co voto de calidade da presidenta.

Falta de asistencia

A primeira reunión tivo lugar o pasado 13 de setembro de 2017, acudindo á mesma un total de 8 membros. Nesta primeira reunión constitúese formalmente o Consello e trátanse un par de asuntos.  A seguinte reunión foi a correspondente ao presente trimestre, e foi convocada para o pasado xoves 24 de maio, ás 20.00 horas no Salón de Plenos dá Casa do Concello cyunha orde do día na que estaban asuntos como os resultados da auditoría técnica, os orzamentos e o plan de actuación para o presente ano.  A esta importante reunión só asistiron, polos grupos políticos, a presidenta Isabel Baquero, BNG, e Oliva Agra, do Partido Popular, polo que non se conseguiu o quorum e non puideron ser aprobados os asuntos previstos.

Desinterese do goberno

O PP critica o “desinterese mostrado polo goberno tripartito, que a pesar de ter dedicacións, non asistiron á reunión, o que provocou que non se puidera desenvolver por falta de quórum xa que non apareceu ningún membro do Psoe nin de Podemos. Unha irresponsabilidade máis”.

Os populares explican que a gran maioría de membros do Consello Asesor son persoas que teñen obrigacións familiares e laborais que conciliar, non recibindo remuneración ou dieta por asistencia algunha, polo que a falta a este tipo de convocatorias podería estar xustificada en función da súa situación persoal. O que consideran  “inadmisible” é que os tres grupos municipais que forman o Tripartito de Ames, e que contan con sete membros con dedicacións convenientemente remuneradas non acudan, e “planten” ao Consello Asesor de Comunicación e “pasen” da Radio Municipal, sen dar explicación algunha.

Ante este proceder o Grupo Municipal Popular presentou unha queixa e solicitou que se lle remita  a documentación da orde do día que se ía a tratar; ao mesmo tempo que pediu que antes de calquera reunión, xunto coa convocatoria remítase a documentación dos temas para tratar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies