займ срочно

Feiraco e Política Lingüística premian os mellores relatos das Letras Galegas

0

Ames, 6 de xullo do 2017 – Feiraco e Política Lingüística entregáronlles onte os galardóns aos gañadores do seu xa tradicional certame literario de relatos, que se celebra cada ano con motivo do Día das Letras Galegas.

O acto celebrouse na sede da cooperativa agrogandeira e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, gabou “o éxito acadado nesta edición, que viu aumentado considerablemente o número de participantes, por esta iniciativa lingüística e cultural  vida do ámbito empresarial” e animou as gañadoras e o gañador a seguir escribindo relatos na lingua propia de Galicia.

Galardoadas e galardoado

Os galardoados desta edición de 2017 foron Vili Rei por O cantil cala, Alba Sánchez por Pan duro, e Ariadna Fernández por O mar, na categoría de adultos; e Candela Millán, Ana Rosa Cantalejo por Morriña e Alba Suárez por Nun recuncho do ceo, na de xuvenil. Todas elas son composicións literarias breves, de ata 500 caracteres, que comezan pola frase da obra Deus sentado nun sillón azul “E alí estaba, sentado nun sillón azul” como xeito de homenaxe ao xornalista e escritor Carlos Casares ao que este ano se lle dedicou o 17 de Maio.

O certame, cada ano máis consolidado, incorporou como novidade esta edición unha nova categoría, a xuvenil, coa finalidade de fomentar a creación literaria en galego entre os máis novos. Entre os premios figuran diferentes seleccións de libros, entre os que se inclúe a Enciclopedia Galega Universal, ademais dunha escolma de obras literarias en galego, e variados lotes de produtos de Feiraco.

Ramo da conmemoración do Día das Letras Galegas

Con esta entrega de premios, Feiraco ponlle o ramo á conmemoración que cada ano leva a cabo polo Día das Letras Galegas. Unha iniciativa que reflite o compromiso de CLUN co idioma propio, deixando constancia da plena identificación da compañía e as súas marcas con Galicia e os seus valores. Exemplos desta aposta pola identidade patrimonial, cultural e tradicional de Galicia, son outras campañas estacionais que impulsa coma o Entroido ou o San Xoán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies