займ срочно

Este luns abre o prazo para o curso English Today!! en Ames

0

Ames, 18 de febreiro do 2018 – A Concellaría de Mocidade de Ames, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta un novo curso de inglés orientado ao seu uso cotiá no día a día.

O curso English Today!! impartirase entre o 5 de marzo e o 21 de xuño, os luns e os mércores na Casa da Cultura do Milladoiro, e os martes e os xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns. As aulas terán unha duración de hora e media, desenvolvéndose de 20:00h a 21:30 horas. Dirixido a persoas maiores de 16 anos, o curso conta con prazas limitadas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 27 de febreiro.

O curso, que se encadra dentro do programa de formación xuvenil Lidera 2018 da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), consistirá nunha aprendizaxe práctica do inglés para o día día, que terá como finalidade que as persoas asistentes consigan comunicarse e comprender o inglés, de maneira que poidan empregalo en contextos e situacións cotiás como unha entrevista de traballo, unha viaxe ou unha consulta médica.

Para inscribirse neste curso, as persoas interesadas deberán estar empadroadas no Concello de Ames e ter máis de 16 anos. Así mesmo, terán preferencia á hora de cubrir as prazas as mozas e mozos que se atopen entre os 16 e os 30 anos. Para un bo desenvolvemento do curso, será importante que as persoas inscritas teñan uns coñecementos mínimos de inglés (nivel ESO ou equivalente), para poder conseguir o máximo aproveitamento. Para iniciar a formación, o curso deberá contar cun mínimo de seis persoas inscritas en cada aula. En caso de non cumprirse este requisito, o Concello de Ames poderá anular a actividade.

Tramitación das inscricións

Para realizar a inscrición será necesario enviala, debidamente cumprimentada, ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal ou entregala persoalmente na propia Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) xunto cunha fotocopia do DNI. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de chegada. A solicitude de inscrición estará dispoñible na OMIX (Casa do Concello en Bertamiráns luns, mércores e xoves, e Casa da Cultura no Milladoiro martes e venres) e no apartado de descargas desta nova. O prazo de inscrición remata o vindeiro 27 de febreiro. Para obter máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa OMIX de Ames a través do teléfono 616083229 ou do correo electrónico omix@concellodeames.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies