Bisbarra, 21 de setembro do 2023 – O concello de Dodro celebra esta fin de semana o Festivalo, un programa que encherá a aldea de Manselle de música ao longo de toda a tarde.
O Festivalo de Dodro ten como obxectivo ser un evento que poña en valor a música feita aquí, en Galicia. Desde as oito da tarde tes actuacións de artistas galegos serán as protagonistas en Manselle.
O primeiro en actuar será Pulpiño Viascón e a súa Musicleta. Un espectáculo humorístico e de animación na que Pulpiño fai de home orquestra. Da percusión ata o acordeón, todo vale para pasar un bo rato e lembrar as cancións de sempre.
A música feita en Dodro chegará ao Festivalo a partir das nove da noite. Pecha a Cansela é un grupo de rock integrado por mozos e mozas de Dodro. Antía (voz), Lois (guitarra), Martiño (voz, guitarra e teclados), Jorge (guitarra), Saleta (baixo) e Duarte (bateria). Unha banda local que comezan o seu camiño na música.
O prato forte comezará a partir das dez e media con García MC, un referente do rap en galego que o ano pasado publicaba Arquipélago Quilombo. García MC estará acompaña pola súa banda Nación Quilombo. O artista di que con este disco “rexurdín das miñas cinzas para navegar os sete mares. Non deixedes de facer esta viaxe musical ate o “Arquipélago Quilombo”, onde a morte se converte en vida!”.
O Festivalo está organizado polo concello de Dodro e conta coa participación do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña