займ срочно

Diego Torres ofrece un acústico en Compostela

0

Compostela, 20 de xuño do 2019 – O arxentino Diego Torres ofrece esta noite un acústico en Santiago, na sala Sonar 21:00 horas, co que abre unha xira por España.

Diego Torres leva vendidos ao longo da súa carreira máis de 20 millóns de discos. Entre múltiples premios está a consecución de tres Grammy Latino y tres premios MTV Latinoamérica. Lindeiros.gal tivo a oportunidade de falar con el e comezamos preguntándolle polo seu regreso ao noso país, onde se atopa como en casa

O gran despegue internacional de Torres foi no ano 2001 coa canción Color Esperanza. Arxentina vivía un momento moi complicado e o tema falaba en certo modo de non perder a esperanza. Preguntámoslle como ve ao país case 20 anos despois e, polo que parece, non mudaron moito as cousas

Ven de publicar dous temas, os primeiros desde o 2015, con un gran éxito na rede. Un poquito, xunto a Carlos Vives, leva 140 millóns de visualizacións en Youtube e o último Esa mujer que vai polos 3 millóns de reproducións. Diego cóntanos algo da canción e da gravación do clip.

Sen duda todo é máis complicado hoxe para un artista, non chega con soar na radio. Para Torres o segredo está en traballar.

Non é habitual que artistas do seu nivel volvan aos acústicos, pero para el son unha oportunidade de facer versións dos seus temas e ver como responde o público

Na música de Diego Torres podemos atopar rock, baladas, ou sons tropicais. Sempre é unha boa nova que un artista volva aos inicios, acompañado dunha simple guitarra. Tamén o é que pase por Compostela e alí estaremos para disfrutar da súa música.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies