займ срочно

Desde o xoves ao mediodía estamos en verán

0

Compostela, 20 de xuño do 2018 –  O verán chega este xoves, as 12:07 horas, cun eclipse de lúa, as Perseidas, e distintas conxuncións planetarias.

O observatorio da USC Ramón María Aller explica que o verán chega despois dunha primavera fría. Segundo os datos recabados no Observatorio Universitario a primavera non resultou excesivamente chuviosa na contorna de Compostela, nin en cantidade  (445,5 litros/m2) nin en número de días con precipitación (52), pero iso si, “cunhas temperaturas  máximas máis ben baixas especialmente a finais de maio e comezos de xuño, preto dos 15º”, asegura Docobo. De feito, neste último mes rexistrouse unha temperatura máxima de só 13º2 o día 9, o que non sucedía desde había décadas. Tamén xuño destacou pola pluviosidade, con 111 litros/m2.

Citas do verán

Para os afeccionados a astronomía a principal cita será o 27 de xullo, día dun eclipse de lúa. En Galicia o satélite sairá xa eclipsado totalmente sobre as 22.00 horas e continuará así ata as 23:13, cando comezará a eclipse parcial para rematar completamente o fenómeno ás 1:28 horas do día 28.  O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, destaca tamén en verán dúas eclipses parciais de Sol, o 13 de xullo e o 11 de agosto, “aínda que ningunha delas poderá contemplarse desde a Península”. O que si volven, como cada ano puntuais, son as  Perseidas, que poderán verse en condicións moi favorables as noites do 12 e 13 de agosto “debido a que este ano coinciden coa Lúa en fase nova”.

Por outra banda, Venus ao solpor, e Xúpiter e Saturno visibles durante toda a noite, van ser os planetas que destacarán nos ceos nocturnos, dando lugar mesmo a curiosas conxuncións, como a do 23 de xuño e do 20 de xullo na que a Lúa estará moi preto de Xúpiter, ou a do 30 de agosto con Venus e o noso satélite natural ao solpor.

TodoCosmos

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, logo de acadar de novo financiamento por parte da FECYT, desenvolverá un ano máis nunha morea de concellos de Galicia o programa de divulgación astronómica TodoCosmos. Ademais, os sábados de xullo, agosto e setembro o persoal do Observatorio colaborará, como dende os últimos dez anos coa Cidade da Cultura no programa Visitas Astronómicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies