займ срочно

A Deputación inviste 275.000 euros na mellora de camiños en Padrón

0

Bisbarra, 15 de xullo do 2022 – O Plan Único da Deputación destina 275.000 euros para financiar a mellora de sete camiños e vías municipais de Padrón.

Os camiños padroneses que se verán arranxados son os do Couto ó Retén, pistas en Tarrío, a travesía Compostela a Luans, de Iria a Extramundi, de Cruces a Bascuas e na Escravitude.

No camiño do Couto ó Retén o investimento chega a 68.181 euros e permitirá mellorar a capa de rodaxe, pavimentar tres ramais e, previamente aos traballos de asfaltado, a execución dunha rede para abastecemento de auga potable.

Para as pistas en Tarrío, na parroquia de Cruces, o orzamento é de 94.775 euros, dos que a Deputación aporta 82.775 euros e o Concello 12.000 euros. As actuación realizaranse en dous tramos, nos que se executará un pavimento de adoquíns de granito gris e dous colectores de saneamento.

O proxecto para a pavimentación da travesía Compostela a Luans e de Iria a Extramundi conta cun orzamento de 59.971 euros, dos que a Deputación aporta 51.668 euros e o Concello a parte restante. No tramo de Iria a Extramundi tamén se prevé a canalización para iluminación.

Por último, a actuación que permitirá renovar a capa de rodaxe nos camiños de Cruces a Bascuas e na Escravitude, ambos na parroquia de Cruces, implicará un investimento de 57.000 euros, dos que a institución provincial asume 48.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies