займ срочно

Demandan máis seguridade no mirador do Picoto en Val do Dubra

0

Val do Dubra, 11 de febreiro do 2022 – O Partido Socialista de Val do Dubra demanda ao concello que mellora a seguridade e a accesibilidade do mirador do Picoto.

Os socialistas engades que o mirador do Picoto en Rial presenta deficiencias que poñen en risco aos visitantes, Piden tamén que “se proceda á execución de tarefas dirixidas á posta en valor da zona, mellorando os accesos e colocando sinais indicativas do lugar”.

O Psoe considera que as obras realizadas supuxeron un maltrato para o patrimonio natural de val do Dubra e engade que “Unha vez executadas as obras e unha instalada semellante estrutura nas pedras máis icónicas do Picoto resulta practicamente imposible a súa retirada, polo cal é preciso que se dote de seguridade á totalidade da estrutura, que a data de rexistro desta solicitude presenta zonas nas cales non existe nin tan sequera valado que impida que unha persoa poida caer nalgúns dos ocos e resultar lesionada”.

Por outra banda, os socialistas consideran necesario “que se leven a cabo tarefas que conleven a posta en valor do emprazamento e se realice un plan de investimento para mellorar e acondicionar a zona e accesos, xa que tal e como coñecerán a pista que conduce ata o lugar precisa dunha importante mellora e as sinais son inexistentes, salvo unha que esta no propio cruce e se atopa nun estado vergoñento”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies