Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Conversa con Ana Estévez, directora da MICE

A Mostra de Cinema Étnico, MICE, chega a súa maioría de idade do 15 ao 21 de marzo e falamos coa súa directora, Ana Estévez.
Ana-Estevez-directora-MICE-slide-27-febreiro-2023_3878_r

Compostela, 28 de febreiro do 2023 – A Mostra de Cinema Étnico, MICE, chega a súa maioría de idade do 15 ao 21 de marzo e falamos coa súa directora, Ana Estévez.

A responsable de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego é Licenciada en Xeografía e historia, museoloxía e museos e ten un Máster en Historia Contemporánea. Foi Coordinadora de proxectos didácticos no concello de Santiago durante a Capitalidade Europea da Cultura no ano 2000.

A MICE é para Ana un recurso máis na tarefa de divulgación e educación que desenvolve o Museo do Pobo Galego. Unha ferramenta coa que mostrar diferentes culturas, sociedades, mesmo traballos ou tradicións.

O recente éxito dunha película como As Bestas demostra o interese existente no cine por todo o que ten que ver coa etnografía, que se atopa implícita de distintas formas en moitas películas. Cada ano a participación na Mostra crece e xa hai algunhas edicións que o Museo pon un especial coidado nos filmes que participan para que manteñan os mínimos requeridos segundo os obxectivos propostos.

Despois de dezaoito edicións un podería pensar que o que chega á Mostra xa non resulta tan sorprendente máis a resposta de Ana á pregunta de se segue descubrindo historias é rotunda: si, segue descubrindo e aprendendo


Este ano a MICE xira en torno á rururbanía, un concepto que ten que ver coa urbanización do rural que produce espazos fronteira entre cidade e aldea. Unha idea que non é allea a calquera que viva en Galicia porque as nosas estradas son un continúo paso de lugares urbanitas a outros rurais.

Hai unha canción de Dios Ke Te Crew, titulada reiniciar, que di “hai que dar un paso adiante para volver atrás”; en ela narrase a historia dunha aldea que usa a tecnoloxía para ser autosuficiente e manter a esencia do rural. O concepto de rururbanía abre un amplo debate sobre este e outros temas

Nunha semana coñeceremos toda a programación da MICE que será unha das citas máis importantes de marzo. Que Ana Estévez sexa a directora é unha garantía de que a equipa qque está detrás da mostra o da todo. Falando con ela un percibe a paixón de esta educadora e ademais non pode deixar de contaxiarse e querer saber máis de todo o que conta.

O trabalo do Museo do Pobo Galego, nunca posto en valor o suficiente, enriquecese con persoas como Ana que ademais de ter os coñecementos necesarios para desenvolver o seu traballo, saben transmitilo, algo nada doado.

Post navigation

Previous: O Entroido recupera o pulso na bisbarra
Next: O cupón tamén é da Festa do Queixo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.