займ срочно

Constituído o Claustro Universitario

0

Compostela, 16 de outubro do 2018 – Onte foi constituído o novo Claustro Universitario, logo das eleccións celebradas hai cinco meses, e coa eleccións dos membros da mesa como primeiro punto da orden do día.

A Mesa do Claustro Universitario quedou conformada por Luz Gigirey Prieto, Víctor M. Longa Martínez, Francisco Rodríguez Lestegás, Mª del Carmen Segura Iglesias, Miguel Abel Souto e Matilde Casas Parada, como representantes do profesorado doutor con vinculación permanente. Polo sector doutros colectivos docentes foron elixidos Francisco Javier López González e Mª del Carmen Sánchez Carreira. Polo do estudantado resultou elixida Marta Segovia, quedando dúas vacantes, e polo do PAS Lucía Rodríguez Martínez. Preside a mesa o reitor, ocupando a súa secretaría a secretaria xeral da USC.

Na conformación da Comisión Electoral Central (CEC), o reitor delegou a presidencia no profesor Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas. Polo sector I, completan a CEC Isabel Diz Otero, Francisco Fernández Polo, Rafael García Pérez, Alba Nogueira López, Francisco Javier Otero Espinar e Miguel Abel Souto. Polo sector II, José Antonio Duro Vieiro e Alicia Villalba; polo III, Laura María Reigía Couto; e, polo IV, José Manuel Velo García.

Informe do reitor

O reitor Antonio López presentou ante o Claustro o seu primeiro informe aludindo ás catro xuntanzas do Consello de Goberno celebradas dende a súa toma de posesión, destacando que a primeira delas se desenvolveu por vez primeira no Campus de Lugo. Neste primeiros meses do novo goberno universitario, o reitor mantivo encontros con diversas institucións políticas e gobernamentais autonómicas, provinciais e locais de Santiago e Lugo. Igualmente, o reitor propuxo trasladar dende o Claustro e dende a propia USC os parabéns da comunidade universitaria á profesora Carmen Pomar Tojo logo da súa designación como nova conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Outros temas dos que o reitor deu conta no seu informe foi a convocatoria de quince cátedras de promoción interna, actualmente en proceso de convocatoria, a futura implantación dos graos en Enxeñaría Robótica e en Xestión Cultural ou a aprobación do Código de Boas Prácticas en Investigación, cuxo obxectivo principal será axudar a entender o que significa a responsabilidade no exercicio da investigación e igualmente servir á comunidade científica co fin de definir un marco xeral de auto-regulación neste ámbito.

O reitor informou tamén da constitución do Consorcio Interuniversitario Galego, integrado polas tres universidades galegas de xeito proporcional e pola Xunta de Galicia. Nesta primeira etapa de funcionamento, a presidencia recaeu no reitor compostelán e a secretaría na xerencia da Universidade da Coruña. Polo que respecta ao calendario de xuntanzas do Claustro, o reitor adiantou a celebración dunha nova convocatoria antes de que remate o ano para tratar as liñas xerais da programación plurianual e dos orzamentos da institución para 2019 e outro previsiblemente na próxima primavera para cuestións xerais de xestión ou que requiran do debate deste órgano de goberno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies