займ срочно

“Saquiños recheos” do Bar Vilariño gañou o cuarto Concurso de Tapas de Frades

0

Frades, 24 de Nadal do 2017 – Os “Saquiños recheos” do Bar Vilariño foron os grandes gañadores da cuarta edición do concurso de Tapas de Frades, celebrado os pasados  9 e 10 de decembro en sete locais hostaleiros do municipio.

O concurso de Tapas de Frades foi unha iniciativa que soubo sobrepoñerse ás malas condicións meteorolóxicas que sufriu Galicia esa fin de semana. A coincidencia coa cicloxénese “Ana”, durante a xornada dominical, non desanimou aos clientes  xa que se repetiron os resultados do ano pasado: máis dun milleiro de tapas degustadas en dous días nos sete locais participantes.

Despois de tres anos en segunda posición, o Bar Vilariño foi a opción máis valorada polas 212 persoas que exerceron o seu dereito ao voto, sacándolle 15 votos ao segundo clasificado, a “Filloa rechea” de Adega A Coviña, gañador da anterior edición. O terceiro posto foi para o gañador das dúas primeiras edicións, Raxería Alba, co seu “Secreto de porco celta, castañas de revolta con salsa do chef”.

O Bar Vilariño recibirá un premio de 300 euros e placa conmemorativa; mentres que Adega a Coviña recollerá un premio de 150 euros e placa conmemorativa, que lles serán entregados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.

Sorteo

Ademais do reconto, o Concello de Frades realizou o sorteo dos premios entre os 212 clientes que tomaron parte no concurso. Un sorteo no que resultaron premiados Natalia Blanco Souto, que gañou unha cea para dúas persoas nun restaurante de Frades; e Juan José Castro Mosquera, que levou un circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Compostela (Brión).

Nesta cuarta edición do Concurso de Tapas de Frades participaron un total de sete establecementos: Raxería Alba, café-bar O noso mesón, Adega A Coviña, Bar Vilariño e Taberna O Mesón (Ponte Carreira), hostal-restaurante O Cadaval (Ledoira) e Casa Vella (Abellá).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies