Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Santiago (é) Tapas 2024 segue promocionándose co reparto de manteis

A XV edición do Santiago(é)tapas continúa promocionándose, e anunciando o cambio de datas, co reparto de manteis nos locais de hostalería.
compostela-hostaleria-reparto-manteles-slide-27-decembro-2023_r

Compostela, 27 de decembro do 2023 – A XV edición do concurso Santiago(é)tapas continúa promocionándose, e anunciando o cambio de datas, co reparto de manteis nos locais de hostalería.

Santiago(é)tapas iniciou este Nadal unha campaña de comunicación xa que o concurso terá lugar entre o 15 de febreiro ao 3 de marzo. Habitualmente tiña lugar en novembro pero o aumento do volume de traballo en ese mes aconsellou este cambio.

Os manteis teñen o lema elixido para esta campaña de promoción “As Tapas son a Estrela”. Organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela e a colaboración da Deputación da Coruña, a campaña pretende incentivar a inscrición por parte dos establecementos da cidade e informar ao público interesado do cambio de datas do concurso.

Os manteis xa están nas mesas de moitos dos establecementos que participaron o ano pasado e nos inscritos nesta edición, aos que se sumarán aqueles que os soliciten a asociación. Cabe lembrar que o peche das inscricións para participar na próxima edición do Santiago (é) Tapas é o 10 de xaneiro, xusto despois do Nadal.

A mecánica do concurso, que conta co patrocinio de Estrella Galicia, Cash Record e Café Dromedario, será a mesma que a doutros anos, establecéndose varios roteiros e haberá premios ás mellores tapas, habendo esta edición e como novidade unha etapa e un premio especial á máis doce para incentivar a participación de cafeterías e bares que traballan almorzos e merendas.

Nesta ocasión haberá tamén premios ás mellores tapas tradicional, creativa, maridada con viño Ponte da Boga e con Cervexa Estrella Galicia; e á mellor tapa sen glute, outorgada un ano máis pola Asociación de Celíacos de Galicia.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, as tapas deberán estar elaboradas con produtos galegos de calidade contrastada, produtos de agricultura ecolóxica ou produtos do mar de Galicia certificados, nunha aposta pola gastronomía galega e os produtos de proximidade.

Haberá obsequios directos aos que fagan as etapas completas, para o que terán que ir selando o Tapasporte, e sortearanse agasallos moi atractivos  grazas a empresas colaboradoras como Alda Hotels, Agacal, Etiqueta Negra, Recorda Fest, Boanerges, Curves, Pedras de Santiago e CRDO Ribeiro, ás que se sumarán máis en datas próximas.

Post navigation

Previous: Touro comeza a estender fibra óptica no rural
Next: Santiago Centro regala este Nadal 50 bonos de 50€ na súa app de fidelización

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.