займ срочно

O comercio de Compostela xa ten un oulet online

0

Compostela, 14 de outubro do 2019 – A Asociación Santiago Centro ven de presentar unha nova web na que os seus socios conforman un interesante oulet en liña.

A presentación de esta web oulet contou coa presenza do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, xunto coa directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez; o presidente de Santiago Centro, José Mª Fernández; e a de Em Rede, Eva López.

O comercio tradicional vía web

Esta nova ferramenta é na práctica un portal multi tenda que pon ao alcance do público unha canle de venda de produtos en outlet coa garantía e a experiencia do comercio de proximidade.

En palabras do o presidente de Santiago Centro, Chema Fernández

“Para nós era fundamental facilitar ao comercio unha plataforma de venda virtual, e confiamos en que os usuarios perciban que ofrece calidade real. Detrás de cada produto ofertado hai un comerciante con moitos anos de experiencia”.

A idea da Fundación Santiago Centro é “trasladar ao mundo dixital a experiencia de compra do comercio tradicional. A iniciativa enmárcase dentro do Plan Estratéxico presentado por Santiago Centro o ano pasado, no que se establece a dixitalización e a tecnoloxía como ferramentas fundamentais para dinamizar as vendas do comercio retallista. Algúns dos comercios integrados en OutletSantiago.gal xa teñen web e mesmo tenda online, pero para moitos esta é a porta de entrada á dixitalización”, remarcou Fernández.

Unidade

A xuízo de Sol Vázquez, a iniciativa “nace da unión e de pensar no futuro. É moi complicado saír adiante neste entorno dixital se non é dun xeito colaborativo”. A directora xeral de Comercio auguroulle á nova plataforma “un lugar destacado nos navegadores” e pediu á cidadanía “apoio ao comercio de proximidade, que é o que asegura emprego de calidade e mellora a imaxe das cidades”.

Presentacion web ouletNeste mesmo sentido expresouse Xosé Sánchez Bugallo, para quen “a cidade que queremos necesita ao pequeno comercio. Este modelo de convivencia precisa de que a xente se relacione nas rúas, algo que require imperativamente a pervivencia do comercio local”. Para o alcalde compostelán, o comercio retallista “é o que xera emprego de calidade e con el clase media. Noutras plataformas non sabemos onde vai o diñeiro. Aquí é para as familias, para que estuden os seus fillos, para a calidade de vida. O outro non nos aporta nada”.

Pola súa banda, Eva López saudou a iniciativa destacando o esforzo conxunto entre Santiago Centro e EmRede nesta e noutras accións de promoción do comercio local, grazas a una estratexia de colaboración establecida entre ambas organizacións en beneficio do comercio local.

OutletSantiago.gal

Outlet Santiago é unha plataforma de venda de produtos en outlet, de establecementos comerciais de Compostela, no que Santiago Centro actúa como mero intermediario. As vendas realízanse directamente entre o comprador e o provedor. Neste momento inicial, na web participan 28 tendas e pódense atopar máis de 600 produtos con descontos do 15 ao 70%, dos sectores téxtil, calzado, xoiaría, complementos, deportes, papelaría, animais de compañía, alimentación gourmet, óptica, imaxe e son, regalos, mobles e máis decoración.

A alimentación do portal realizarase de xeito continuado, ao poder os comercios integrar produtos sempre que o desexen, así como xestionar stocks, facturar e enviar os artigos vendidos, sen perder nunca o control dos seus produtos nin da relación cos clientes. Pola súa parte, Santiago Centro proporciona a plataforma, a formación necesaria para comezar e máis a pasarela de pagos, negocia os envíos, mantén un servizo permanente de apoio aos comercios e desenvolve as campañas de publicidade e promoción.

Comprando en Outlet Santiago o cliente conta coas mesmas garantías de cambios e devolución que nunha tenda física tradicional, e ademais favorécese ás pequenas tendas e a vida nos barrios, colaborando co mantemento de postos de traballo e fortalecendo la economía local. Na iniciativa, aberta á incorporación de novos comercios, Santiago Centro alíase con Proxecto EmRede, asociación de pequenas empresas e comercios de Santiago de Compostela e comarca.

Santiago Centro creou e mantén o proxecto contando coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, a través das súas liñas de axudas a asociacións de comerciantes e proxectos de innovación comercial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies