займ срочно

O Riquela Club presenta o ciclo  “Maridaxes sonoras”

0

Compostela, 25 de maio do 2022 – “Maridaxes sonoras” é o nome do ciclo de concertos que ven de presentar o Riquela Club e que comezará o vindeiro cinco de xuño.

O Riquela busca mesturar en este ciclo as músicas urbanas coas tradicionais. Unha oportunidade de ver e escoitar a artistas únicos con propostas innovadoras.

De Nova Orleans a Francia

O ciclo Maridaxes Sonoras do Riquela comeza con notas de Nova Orleans da man dun artista galego asentado na cidade de Louisiana. Carlos Childe,  coa súa banda o completo, estará na sala o vindeiro día cinco de xuño..

Ryder the Eagle é o segundo dos concertos ; unha especie de polifacético crooner francés que define o seu espectáculo da seguinte forma “xiro só. Canto, toco a guitarra eléctrica, teño unha caixa de ritmos e bailo e toco sós de guitarra  por todo o local Un espectáculo moi entretido, estupendo, sexy e emocional. Non vos convencín?”. Ryder estará no Riquela o 12 de xuño próximo.

Para completar este primeiro ciclo Maridaxes Sonoras un artista de Nashville que compuxo temas para artistas como Guy Clark, Richard Dobson ou David Olney. Noel McKay representa a Nashville na sua versión máisde autor cunha longa carreira de concertos por todo o mundo .

Entradas

As entradas están xa a venda. O ciclo enteiro son 12 euros e os concertos individuais 6€. Podedes adquirilas en A Reixa tenda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies