займ срочно

Reforzo policial en Santiago polos sucesos do Ensanche

0

Compostela, 10 de xaneiro do 2023 – Dous apuñalamentos en dúas fins de semana consecutivas levan ao concello de Santiago a un reforzo policial no Ensanche da cidade.

Este luns reuníanse o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a Subdelegada do Goberno, María Rivas, con representantes das policías nacionais, autonómicas e locais. No encontro participou tamén o concelleiro de seguridade cidadá, Gonzalo Muíños. O reforzo será en dispositivos que xa se estaban levando a cabo no Ensanche compostelán.

A principal novidade é que se integrará na vixilancia a policía autonómica. Esta integración prodúcese ao estar implicado un menor e ser este o corpo de seguridade que ten as competencias en esta materia.

María Rivas explicaba aos medios de comunicación que se levará a cabo o reforzo e lembraba que os dispositivos xa estaban desde hai tempo operativos e que foron os que permitiron as rápidas resolución dos sucesos

Sánchez Bugallo insistía en este feito. Desde que se produciron os altercados ata que os presuntos autores foron detidos non pasaron máis de vinte minutos nos dous casos

O alcalde tamén poñía o acento na idade dos implicados. Apelaba á responsabilidade das familias dos menores pero en especial á dos locais que permiten o acceso e o consumo de alcohol a estes rapaces. O reforzo policial irá encamiñado en velar porque se cumpra a normativa

Preocupación na veciñanza

A Asociación de Veciños Raigame publicaba onte un escrito na súa web titulado “violencia, drogas e prostitución”.

No escrito, o colectivo veciñal fala claramente dos presuntos focos de delincuencia no Ensanche. Explican que “Dende a pandemia estamos observando un aumento dos pisos de prostitución e paralelamente a elo un aumento do tráfico de drogas en determinados puntos da Zona Nova [] Para a veciñanza non son descoñecidas algunhas lavanderías de autoservicio e pisos nos que se exerce o tráfico de drogas e pisos nos que se exerce a prostitución. Vimos presentando queixas por distintas canles ao Concello e á Policía do que está a acontecer”.

Os feitos prodúcense sempre a última hora da madrugada e por elo a asociación pide que o reforzo policial se concentre entre as cinco e as nove da mañá. Aproveitan ademais para lembrar a promesa de recuperar a chamada policía de barrio “Pedimos unha colaboración policial real, efectiva e colaboradora coa cidadanía durante o día polas demais rúas, cousa que hai tempo que se bota en falta a pesar de ser reclamada polos veciños e prometida en período electoral, como aconteceu coa denominada Policía de Barrio da que nada sabemos”.

O escrito de Raigame remata pedindo tamén a colaboración da veciñanza “solicitamos a colaboración das veciñas e veciños, dos propietarios de locais de ocio e das comunidades de propietarios para que comuniquen ben á policía ben a Raigame todas aquelas situacións e accións que consideren sospeitosas para que así se poida actuar antes de que esta situación se nos vaia das mans”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies