Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Xaquín Fernández Leiceaga marcha pedindo renovación

O socialista Xaquín Fernández Leiceaga non tomará posesión da súa acta de concelleiro en Compostela e considera que é precisa unha renovación
xaquin-fernandez-leiceaga-slide-7-xunho-2023_r

Compostela, 7 de xuño do 2023 – O socialista Xaquín Fernández Leiceaga non tomará posesión da súa acta de concelleiro en Compostela e considera que é precisa unha renovación no partido.

Leiceaga foi unha das novidades da lista socialista á alcaldía de Compostela. O alcalde en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, o presentara para o número 3 como persoa que viña a solucionar os problemas de xestión económica amosados en esta lexislatura.

Onte nunha rolda de prensa explicaba os motivos que o levan a volver ao seu posto de profesor na Universidade e deixar a primeira liña política. A primeira razón esgrimida foi a de uns resultados “moi por debaixo das expectativas”. Explicaba que non lle sorprendera o resultado do resto dos grupos pero si ha caída dun 40% do Psoe

Xaquín Fernández Leiceaga considera que esa caída tan grande débese a un “cansancio dunha forma de gobernar”. Considera que non chega coa dimisión de Bugallo e apela aos seus vinte anos na agrupación local para pedir que haxa unha renovación das persoas que están en primeira liña.

O concelleiro electo aproveitou a comparecencia para despedirse como Senador. Foi o que máis interveu nos plenos do grupo socialista e dixo sentirse orgulloso de poder traballar nunha etapa na que se deron avances moi importantes

Ante as preguntas dos xornalistas sobre si se postulaba para repetir como Senador, cousa que xa fixeron Xosé Sánchez Bugallo e Manolo MIrás, ou sobre si outros concelleiros deberían tamén deixar o concello preferiu non facer ningunha declaración.

Post navigation

Previous: Hostalaría.gal apúntase á xestión sostible
Next: Mazarelos agarda por San Xoán

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.