Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Dáse a coñecer o fallo do XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font gañan o XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra 'La visita'.
Albums-ilustrados-slide-normal-30-xunho-2023_125325_r

Compostela, 30 de xuño do 2023 – As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font gañan o XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra ‘La visita’.

Como finalista quedou “Tarde de sapo” de Maite Mutuberria Larrayoz e Gerard Sancho Novell recibiu unha mención do xurado por “Vent”. Ten unha dotación económica de 9.000 euros e conleva a publicación da obra gañadora en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués no mes de novembro.

‘La visita’ impúxose nunha edición á que se presentaron 261 proxectos procedentes de 22 países: España, Italia, Portugal, Canadá, China, Perú, Arxentina, Brasil, Rusia, Estados Unidos, Israel, México, Turquía, Ecuador, Alemaña, Irlanda, Francia, Dinamarca, Bélxica, Chipre, Colombia, Eslovenia e Chile.

O xurado do Compostela de Álbum Ilustrado estivo formado por Asun Agiriano Altuna, Catarina Sobral, Ignasi Blanch, Xosé Cobas e a directora editorial de KALANDRAKA, Manuela Rodríguez. A alcaldesa do Concello de Santiago e, por delegación, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, actuaron como presidentas do xurado; e a técnica do Departamento de Educación, Cristina Salgado, como secretaria.

O xurado destacou que ‘La visita’ é un “álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a un concepto tan abstracto como é o silencio. Nunha sociedade como a actual, saturada de ruído, de contaminación sonora, a reivindicación de momentos de silencio e de soidade é cada vez máis necesaria”.

Na valoración da obra o xurado tamén destacou o rexistro gráfico de Anna Font que “é dun cromatismo desbordante e cheo de matices” no que “o silencio móstrase cunha síntese efectiva, plena de expresividade” e no que “a ilustradora domina á perfección á arte secuencial do álbum e a construción do discurso narrativo”.

Premiados nas edicións anteriores

Nas quince edicións precedentes foron premiados ‘Esperando el amanecer’, de Fabiola Anchorena; ‘Preto’, de Natalia Colombo; ‘Un gran soño’, de Felipe Ugalde; ‘A familia C’, de Pep Bruno e Mariona Cabassa; ‘O camiño de Olaj’, de Martín León Barreto; ‘Bandada’, de David Álvarez e Julia Díaz; ‘Mamá’, de Mariana Ruiz Johnson; ‘Ícaro’, de Federico Delicado; ‘Despois da choiva’, de Miguel Cerro; ‘Unha última carta’, de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi; ‘A horta de Simón’, de Rocío Alejandro; ‘Cándido e os demais’, de Fran Pintadera e Christian Inaraja; ‘O can de Milu’, de Máriann Maray; ‘Desde 1880’, de Pietro Gottuso; e ‘Selva’ de Marina Gibert.

Post navigation

Previous: Acordos e desacordos comezan a definirse no pleno de organización de Ames
Next: Frades reclamará que se cubran as prazas de médicos no concello

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.