займ срочно

Compostela participa na creación dun observatorio europeo do turismo

0

Compostela, 27 de outubro do 2018 – A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo de Santiago, Marta Lois, deu conta dun novo proxecto europeo no que participará Compostela, liderando un grupo de 8 entidades europeas e que ten como finalidade a creación dun observatorio europeo do turismo.

O proxecto conta cun investimento de 1.571.3 euros dos 247.000 están destinados ao traballo de Santiago. A iniciativa ten como obxectivos fortalecer un desenvolvemento máis sustentable do turismo, os fluxos de persoas e a redistribución de impactos socioecónomicos, grazas ao uso de datos. En ese observatorio europeo do turismo desenvolveranse novas ferramentas e solucións acorde as características dos “destinos intelixentes”. En síntese, tal e como indicou a concelleira de Turismo, “búscase fortalecer as capacidades de recoller, xerar, integrar e analizar datos para tomar decisións informadas e ter un impacto nos comportamentos”.

A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo de Santiago, Marta Lois

A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo de Santiago, Marta Lois

Oito entidades

Para o Concello de Santiago implica a oportunidade de chegar a implementar un observatorio do turismo que permita, utilizando as novas tecnoloxías, recoller datos sobre os fluxos turísticos na área patrimonial, así como os alugueres turísticos. “Isto permitiranos contar con datos moi precisos sobre visitantes e rutas turísticas intramuros, así como información útil sobre os alugueres turísticos de cara a seguir avanzando na súa localización e regulación”, indicou a concelleira.

Participan tamén, liderados polo Concello de Santiago, entidades e institucións como a Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico (formada por Huelva, Cádiz e Sevilla); Fomento San Sebastián ou universidades como a de Lisboa, Gales ou o Instituto de Tecnoloxía de Cork. Marta Lois lembrou que Santiago “conta cun aval moi potente en Europa, como é a experiencia noutros proxectos europeos como Atlantic Social Lab, Tropa Verde, Womarts ou Smarter Together”. Dende o 2015, o Concello de Santiago recadou máis de 20 millóns de euros de fondos europeos, “non só cos que acabo de citar, senón tamén con outras experiencias como a Edusi ou o Smartiago”, recordou.

As entidades que participan con Santiago neste proxecto poderán traballar tamén sobre os datos que se recollan en Compostela e, con eles, intentar ter retornos na economía da cidade. A análise dos fluxos turísticos en rúas concretas da poderá ofrecer, a medio prazo, un perfil o máis completo posible do tipo de turismo e do seu comportamento, o que resulta útil para implementar determinados tipos de negocios.

O proxecto implementarase dende abril do 2019 e ata decembro do 2021 e será coordinado polo Concello de Santiago en estreita colaboración cos socios europeos.

Share.

Comments are closed.