займ срочно

Concello de Santiago e hostalería sentan á mesa

0

Compostela, 15 de marzo do 2024 – O concello de Santiago de Compostela avanza na creación dunha mesa para o diálogo coa hostalería consensuando nunha reunión o regulamento da mesma.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e os concelleiros de Convivencia, Xan Duro, e de Urbanismo, Iago Lestegás, mantiveron con este fin unha xuntanza con representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas na que lles presentaron a proposta de regulamento.

Unha vez consensuada, o regulamento terá que ser aprobado polo Pleno municipal como requisito previo á constitución desta nova vía de comunicación na que se tratarán temas de interese común para o Concello e o sector.

Tras o encontro, a rexedora explicou que a proposta presentada detalla as “regras de uso e de funcionamento, así como as entidades e persoas con representación, as concellarías implicadas e os representantes dos diferentes grupos políticos da Corporación”.

O regulamento tamén recolle a posibilidade de que asistan “persoas expertas ou de outras entidades para temas concretos”. Durante a xuntanza tamén se trataron os temas principais que se abordarán na Mesa, aínda que tamén poderán incluírse “aquelas iniciativas que queiran levar as persoas integrantes na mesa”.

Segundo detallou Goretti Sanmartín, ambas partes contarán agora “cun prazo razoable de 15 días para poder darlle o visto e prace definitivo a este regulamento” que deberá pasar despois pola Comisión informativa e ser aprobado polo Pleno para constituír finalmente a Mesa “esperamos que antes do verán”.

Os representantes do sector de Compostela valoraron de xeito positivo este novo avance cara á constitución da Mesa polo gran peso cultural e económico do sector na cidade e por tratarse dunha demanda histórica que busca o diálgo sobre temas trasnversais que trascenden as diferentes orientacións políticas.

Na reunión tamén se fixo un repaso por outros temas de interese común como o balance da campaña Fala Baixiño, realizada en Compostela o pasado Nadal. A alcaldesa destacou a “gran receptividade” da campaña por parte da sector. “A hostalaría de Santiago é unha hostalaría que é segura, que ten un bo funcionamento, que pretende ser integradora e inclusiva e que sempre chama a esa concienciación necesaria a garantir o dereito ao descanso da veciñanza”, engadiu.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies