займ срочно

Os Peregrinos Musicais súbense esta semana aos balcóns de Compostela

0

Compostela, 5 de xullo do 2023 – O XIII Festival Peregrinos Musicaís recibe esta semana aos gañadores do Certame Internacional de Novos Talentos que se subirán aos balcóns da cidade este venres.

No espectáculo Música nos Balcóns participarán Os pianistas Sonya Zhólobova (Ucraína), Cristina Bernal e Yuri Durán (Galicia); o fagotista Emanuel Sint (Alemaña); a violinista Nerea Arriola (País Vasco); o clarinetista Pablo López (País Vasco), e o chelista Jorge Suárez (Galicia).

En verbas da directora artística do festival, Ilona Timchenko, “trátase dunha iniciativa pioneira, que permitirá coñecer a música clásica dun xeito directo a través dun formato diferente e poñendo en valor distintos espacios de referencia da zona vella de Santiago”.

A cita dará comezo este venres as 17.00 horas e ofrecerase unha actuación diferente cada hora. As localizacións, horarios e intérpretes participantes en Música nos Balcóns son os seguintes:

Praza do Toural – Balcón da Fundación Eugenio Granell (17.00 horas): Pablo López (clarinete) e Nerea Arriola (violín)

Rúa do Vilar – Café Casino (18.00 horas): Piano a seis mans con Sofía Zhólobova, Yuri Durán e Cristina Bernal.

Rúa do Vilar – Balcón Fundación Torrente Ballester (19.00 horas): Jorge Suárez (cello).

Praza de Praterías – Balcóns Casa do Cabido (20.00 horas): Emanuel Sint (Fagot), Nerea Arriola (violín), Pablo López (clarinete) e Jorge Suárez (cello)

Como colofón a esta xornada, o Hostal dos Reis Católicos acollerá un concerto dos gañadores do Concurso Internacional de Novos Talentos Peregrinos Musicales. A entrada será de balde. Durante a máis dunha hora de música interpretaranse as seguintes pezas:

Sonya Zhólobova (piano): R. Schumann – Variaciones “ABEGG”

Emanuel Sint (fagot): C. Saint-Saëns: Sonate for Bassoon and Piano Op. 168 (1921)

Cristina Bernal Gómez (piano):

C. Saint-Saëns/Bach Overture BWV 29 en Re Mayor

S. Rachmaninoff Étude-Tableaux Op. 39 No. 2

Pablo López (clarinete): F. Poulenc: Sonata para clarinete e piano (1962)

Yuri Durán (piano)

W.A.Mozart – Sonata en Fa mayor, K.332

S. Rachmaninoff – Estudio op.39 N.5 en Mi bemol menor

Nerea Arriola (violín): Wieniawsky – Polonesa Brillante en A Major op.21

Concertos en Ames e coa RFG

Ademais de protagonizar a xornada de Música nos Balcóns, os novos talentos internacionais ofrecerán concertos no Pazo da Peregrina, o domingo 9 de xullo ás

21.00 horas, e no Auditorio de Galicia, o martes 11 de xullo ás 20.30 horas. Neste último caso, gozarán dun dos seus premios: ser solistas coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, unha oportunidade única que contribuirá a proxectar a carreira musical dos xóvenes talentos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies