займ срочно

Dimite o concelleiro de obras de Compostela, Javier Fernández

0

Compostela, 22 de novembro do 2022 – A dimisión do concelleiro de obras de Compostela, Javier Fernández, destapa unha crise aberta no grupo municipal socialista hai meses.

Hai meses que o malestar pola independencia, no día a día do traballo, de Javier Fernández creaba malestar no grupo municipal. Algúns concelleiros recoñecían en privado unha actitude que complicaba en ocasións o traballo de outros concelleiros.

Concejales corporacion municipal de Santiago de Compostela 2019-2023. Javier Fernandez, PSOE 15/06/19

Unha remodelación que non era

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, explicaba onte, na rolda de prensa posterior á Xunta de goberno, que as competencias de centros socioculturais pasaban a Mercedes Rosón. Facíase, dicía Bugallo, para liberar a Javier Fernández que coa chegada de fondos Next Generation tiña por diante un aumento do traballo.

Esta remodelación do equipo de goberno xa fora cualificada por Mercedes Rosón como algo habitual. Rosón, que respondía ás preguntas dos xornalistas tras a rolda de presentación dos actos para o 25N, lembraba que en todas as lexislaturas nas que foi concelleira se produciran cambios de competencias similares.

A dimisión de Javier Fernández de todas as competencias, a renuncia a súa dedicación exclusiva e  a intención de reincorporase ao seu posto de traballo no Consello de Contas deixaba en evidencia as explicacións de Bugallo e Rosón.

Malestar no grupo socialista

O grupo socialista sacaba unha nota de prensa na que lembraba que as competencias no cambio de tarefas dos concelleiros é exclusiva do alcalde. Defendían tamén que Javier Fernández sabía eses cambios desde o mes de setembro. Finalmente pedían que devolvera a acta e o acusaban de deslealdade.

Fernández ten previsto dar unha rolda de prensa esta mañá. Onte aseguraba que seguría no concello, no grupo de non adscritos, porque así o pediran algúns veciños. O concelliro foi un dos máis criticados pola oposición polas obras de Concheiros. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, sempre defendeu o seu traballo en público aínda que, polo que se ve, en privado as cousas non sucedían do mesmo xeito.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies