займ срочно

Camiño Escena Norte remata en Santiago con 2 espectáculos

0

Compostela, 8 de outubro do 2019  O proxecto de intercambio cultural, entre Galicia, Asturias, Cantabria, e Euskadi, Camiño Escena Norte, remata esta semana en Santiago con dous espectáculos.

“Como ceniza blanca sobre una hoguera”, de La Tejedora de Sueños e o “Sagartu” de Hika Teatroa estrearan en Compostela ao mesmo tempo que dúas compañías galegas, A Panadaría e Baobab Teatro, están a facer o mesmo nas outras comunidades do norte peninsular.

Camiño Escena NortePograma

O 11 de outubro, no Salón Teatro as oito e media e cun debate ao rematar, representarase “Como ceniza blanca sobre una hoguera”, de La Tejedora de Sueños. Dous días despois, o 13 as seis e media, será a quenda de “Sagartu” de Hika Teatroa, en este caso na Praza da Quintana para poñerlle o ramo a esta primeira edición.

La Tejedora de sueños Camiño Escena Norte“Como ceniza blanca sobre una hoguera”, de Néstor Villazón (La Tejedora de Sueños, Asturias) lévanos á Zaragoza de 1485 cuns Reis Católicos que buscan unificar unha España dividida baixo o xugo da Santa Inquisición. Na súa defensa os xudeus máis ricos da cidade prepararán o asasinato do inquisidor xeral Pedro de Arbués. As súas consecuencias empezan a facerse visibles desde o comezo: Yannis e Milena, parella que dubida se pertencer ou non a esta conspiración, son detidos e encarcerados, guiando ao espectador no xuízo habitual a un herexe.

“Sagartu”, de Arantxa Iturbe e Agurtzane Intxaurraga (Hika Teatroa, Euskadi) é un espectáculo de rúa, multidisciplinar e composto por música en directo, teatro e danza. Sagartu reborda humor, alegría e vitalidade repasando todos os significados que a mazá tivo en Euskadi dende os tempos do Edén ata o presente.

Sagartu Camiño Escena NorteCamiño Escena Norte, o proxecto

Camiño Escena Norte é un proxecto artellado arredor dun novo itinerario de intercambio cultural que toma a ruta histórica do Camiño de Santiago do Norte como referencia para unha intensa programación escénica, expandida ademais nos eidos das sinerxias sectoriais, a mediación co público ou a reflexión.

Camiño Escena Norte xorde co obxectivo de coñecer máis e mellor aos nosos veciños e veciñas, dando a posibilidade ao público de ter acceso a producións escénicas doutros territorios ás que doutra maneira non accederían. Aproveitando esta ruta cultural e histórica que nos une dende hai séculos creamos un novo camiño de cultura con espectáculos de teatro e danza, encontros, obradoiros, xornadas ou residencias de creación, no que mostrar a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes escénicas da produción galega, asturiana, cántabra e vasca.

Este proxecto está promovido polas asociacións de produtoras escénicas de cada unha das autonomías implicadas: Escena Galega, EscenAsturias, ACEPAE (Cantabria) e Eskena (Euskadi). Está apoiado en Galicia pola Xunta de Galicia a través de AGADIC, canda as deputacións da Coruña e Lugo e a Fundación SGAE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies