займ срочно

Compostela aproba o Plan de xestión da Cidade Histórica

0

Compostela, 30 de marzo do 2019 – A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou o Plan de xestión da Cidade Histórica.

O Plan de xestión é un documento requirido pola Unesco ás Cidades Patrimonio da Humanidade. O documento nace dun proceso no que participaron asociacións de distintas áreas e profesionais de distintos ámbitos ao longo dos últimos meses.

Jorge Duarte na rolda de prensa

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte explicou que “este documento elaborouse de forma paralela á revisión do Plan Especial da Cidade Histórica se ben non se circunscribe exclusivamente a este ámbito. Despois de que o Pleno da Corporación rexeitara a aprobación conxunta do Plan de Xestión e do Plan Especial, acordamos seguir cos trámites que son competencia da Xunta de Goberno, como é a aprobación deste documento”. Duarte dixo tamén que “o Goberno xa ten presente o contido do Plan de Xestión en actuacións como a reforma da ordenanza que regula a ORA, ou mesmo no deseño do futuro servizo de autobuses”.

Carácter de Plan Estratéxico

Según o concelleiro o Plan de Xestión “é realmente un Plan Estratéxico que o Concello de Santiago abordou a partir dun longo proceso participativo, e que vai moito máis alá dun documento urbanístico. Despois de 25 anos de experiencia en políticas de conservación e rehabilitación, afrontamos unha forma renovadora de planificación, no que se abordan cuestións que van desde o acoplamento da cidade histórica ás novas tecnoloxías ata a promoción dun gran espazo da innovación”.

O Plan de Xestión, elaborado por un equipo redactor liderado por Juan Requejo, identificou como primeiro reto da cidade histórica “manterse como cidade viva e non converterse nun lugar non que unicamente se acumula o patrimonio para ser visitado polos turistas”. No documento apúntase a “unha perda grave da vitalidade da cidade histórica, que se deduce da perda progresiva de poboación residente e dos usos tradicionais dos inmobles e da excesiva centralidade dos sectores da hostalería e o ocio.

Os obxectivos estratéxicos que fixa o Plan de Xestión pasan, pois, por desenvolver o potencial de acollida residencial da cidade histórica e a por recuperar as actividades comerciais e culturais propias; por asegurar a conservación do patrimonio, e por reorientar o modelo turístico. Tamén se apunta a necesidade de impulsar a vinculación da zona vella de Santiago á innovación e o coñecemento, xunto co apoio ás actividades creativas e de organizar un esquema de mobilidade adaptada ás súas condicións específicas para vertebrar mellor a améndoa co seu contexto urbano e comarcal.

Programas de actuación

O documento está relacionado e debe influír noutros traballos de especial relevancia para a cidade, dende o PXOM ata o Plan de Transporte Metropolitano, pasando polo Plan Estratéxico de Turismo, o Plan de Mobilidade, ou o Plan de Acción Local polo Emprego.

En base a iso, este plan establece os programas de actuación máis importantes na cidade histórica, que deben atender a cuestións como a habitabilidade e a recuperación da vitalidade residencial; a reocupación das vivendas por residentes permanentes fronte ao modelo dos pisos turísticos; a implantación dunha rede de telecomunicacións na zona vella; ou o deseño dun novo esquema de mobilidade. O documento tamén recolle como actuacións prioritarias a promoción e divulgación do patrimonio de Santiago; así como para o desenvolvemento de actividades creativas e culturais ao tempo que se converte a cidade nun nó investigador vinculado á Universidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies