займ срочно

Colgan pancartas coas reivindicacións da Policía Local de Ames

0

Ames, 5 de xaneiro do 2019 – O concello de Ames amenceu hoxe con tres pancartas colgadas, en distintos puntos do concello, coas reivindicacións da Policía Local.

As pancartas non son a primeira acción reivindicativa. O 24 de decembro escaparates e paredes, por todo o municipio, aparecían cunhas follas que lembraban o conflito laboral da Policía; o encabezamento era “alcalde estamos fartos”.

Esta noite colgáronse pancartas na avenida da Peregrina e na rúa Ameneiral en Bertamiráns e na ponte peonil que hai na entrada do Milladoiro, na N-550. En elas reclámase “igualdade salarial e adecuación cos traballadores do concello”.

Lonxe de arranxarse o conflito parece enquistarse cada vez máis. Antes de estas reivindicacións os representantes sindicais dos policía criticaran a contratación de auxiliares. Unha protesta seguida de cerca pola feita polo Partido Popular quen denunciaba que os auxiliares non podían saír a rúa por non ter traxes.

Hoxe será un bo día para ver si as numerosas baixas na policía afectan as Cabalgatas de Reis ou si os auxiliares e Protección Civil serven para paliar estes problemas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies