займ срочно

Chega a Conxo a gran Festa do Banquete

0

Compostela, 21 de abril do 2018 – O barrio de Conxo vive esta fin de semana unha festa moi especial. A Festa do Banquete serve para recuperar parte do patrimonio da cidade, o físico coa recuperación do bosque e on inmaterial coa historia do que alí se viviu hai 156 anos.

A Festa do Banquete comezou xa hai unha semana con obradoiros para a creación de roupa de cara ao xantar do domingo, continuou esta semana coa presentación das xornadas gastronómicas da Cabra e hoxe e mañá enchera de actividades o barrio.

Recuperación da carballeira onde tivo lugar o Banquete de Conxo

As doce do mediodía de hoxe sábado Henrique Alvarellos, autor do libro Balada ceibe no bosque de Conxo, conducirá unha visita guiada ao bosque saíndo desde o Centro Sociocultural do Barrio. As cinco da tarde celebrarase a mesa redonda  “Que foi o Banquete, que é Conxo”, conducida por Marcos Lorenzo. No Centro Sociocultural de Conxo farase unha reflexión colectiva sobre o Banquete de Conxo, o antigo Concello de Conxo, as transformacións do barrio nas últimas décadas e os principais desafíos de futuro coas seguintes colaboracións:

A importancia histórica do Banquete. Xurxo Martínez

Rememorando o Concello de Conxo. Juan José Lema

O Conxo que vivimos: últimas décadas até hoxe. Encarna Otero

Os desafíos de Conxo: de hoxe en diante. Mercedes Franqueira

Presentación do libro editado polo Consorcio no que se recupera a historia do Banquete de Conxo

 As seis e media da tarde na Praza de Aurelio Aguirre terá lugar a actividade infantil  “O Conxo que queremos”. Actuarán monicreques coa representación d’O Banquete de Conxo, a cargo de Os Quinquilláns. Os cativos explicarán que lles gusta máis de Conxo e como lles gustaría que fose. Coas diferentes intervencións compoñerase un panel colectivo coas ilusións e soños do barrio. Conducida por Patricia Fernández

Tamén as seis e media concerto da Coral do Psiquiátrico de Conxo e da Coral de Solfa. Na escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo. E as nove  “A festa da poesía”. Conducida por María Lado. Primeira parte na Praza Aurelio Aguirre e segunda parte no bar Caimán

Poesía: Carlos Lixó e Sofía Espiñeira

Regueifa: Carme da Pontragha & compañía

Rap: García Mc & compañía

Música: O Leo & compañía

Pregón invertido: Juan Carlos Valle “Karlotti”.

Domingo 22

Mañá domingo será o día grande da Festa do Banquete de Conxo e comezará as 11 da mañá no Toural co desfile “Alá van estudantes e artesáns”. Trátase dunha andaina teatral desde o centro de Santiago até Conxo. A unha menos cuarto diante do CSC de Conxo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao pregón da Festa do Banquete que dará Marisa Álvarez. A partir de ese momento comeza o propio banquete cos seguintes actos

13:00 | “Baixamos ao bosque do Banquete”. Continuación do desfile teatral até a carballeira de Conxo. Os Quinquilláns e diversos colectivos

13:30 | Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago. Carballeira de Conxo.

14:00 | Recreación teatral do Banquete de Conxo. Os Quinquilláns. Carballeira de Conxo.

15.00 | xantar e romaría popular, con brindes de veciñas e veciños. carballeira de conxo

17.00 | “O serán da fraternidade”. Foliada de música tradicional con Os Fondaos do Pífano, Muiñeiros do Sarela e Do Fondo do Peto. Carballeira de Conxo

18.30 | Visita guiada ao bosque do Banquete. Conducida por Henrique Alvarellos. Saída desde a carballeira de Conxo.

19.30 | Peche da Festa do Banquete e convite á seguinte edición. Luís Pasín e Os Quinquilláns. Carballeira de Conxo

Mercado do libro e da artesanía

Hoxe e mañá haberá ademais en Conxo un mercado de libros e artesanía coas seguintes actividades

 

[columns]
[column size=”1/2″]Sábado

De 11h a 14h e de 17h a 20.30h 

12:00 | Presentación e sinatura de exemplares do caderno de viaxe “De Ushuaia a La Quiaca (con algo de México)”, a cargo da súa autora, María Meijide.

12:30 | Monicreques “De Carral a Conxo”. Os Quinquilláns

13:00 | Noe black & The Bang Band.

20:00 | A Ukestra do medio.

Xogos e chocolatada, en horario do Mercado[/column]
[column size=”1/2″]Domingo

De 11h a 14h e de 17h a 20.30h 

11h: Sinatura de libros: Francisco Narla.  Espazo Lector Nobel.

13.15 | Rosalía Morlán E Manoele De Felisa. Recital musical poético “Nas rúas de Compostela”

17:00 | Presentación e sinatura de exemplares do libro “Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs Calviño de Tallo”, de Alba María Rodríguez. aCentral Folque.

17.30 | Pablo Sanmamed Trío.

18h: Fanfarria Taquicardia. Pasarrúas desde a Praza de Vigo ata o barrio de Conxo.

18.30 | Libro infantil. Presentación de “Manuela” (Bolanda), a cargo de Ramiro Peralta (autor) e Blanca Millán (ilustradora). Librería Palacios.

19:00 | Presentación en acústico de “Proletarios de Rock&Roll”, de Roberto Sobrado, e da plaqueta “Os lobos na casa de Esaú”, de Lara Dopazo Ruibal. Chan da Pólvora Libraría.

19.30 | Fanfarria Taquicardia. Pasarrúas.

Xogos e chocolatada, en horario do Mercado[/column]
[/columns]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies