займ срочно

Carlos Baute, o Día do río e o Día do neno pechan o San Roque de Melide

0

Melide, 18 de agosto, do 2017 –  As Festas do San Roque de Melide chegan ao final esta fin de semana co concerto de Carlos Baute como unha das citas principais.

Carlos Baute

Carlos Baute

Xa na recta final das festas o escenario do Cantón de San Roque será para Carlos Baute, que presentará o seu último traballo en Melide mañá sábado pola noite. O domingo día 20 será a última xornada das Festas do San Roque na que se celebrará o día do Río e o día do Neno.

O día do Río terá lugar dende a 13h do mediodía nas inmediacións da área Recreativa do Río Furelos, onde a charanga Os Amigos de Visantoña amenizará a xornada. Trátase dunha festa campestre que se leva celebrando dende hai moitos anos e na que existe tamén servizo de polbo e churrasco. Pola tarde, haberá diferentes actividades para todas as idades, como xogos para os máis cativos ou un campionato de tute.

Por outra banda, o domingo tamén terá lugar o día do Neno, que se celebrará a carón do Edificio Multiusos, con presos especiais para que os máis pequenos poidan gozar das atraccións, así como tamén xeados e zumes gratis.

Como punto final á xornada actuarán os grupos locais de Cuarta Xusta e Leirabuxo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies