займ срочно

Cantos de Taberna no serán de Compostela

0

Compostela, 15 de marzo do 2019 – Despois da boa acollida dos Cantos de Taberna de Nadal, esta tarde volverán a ser os protagonistas no barrio do Castiñeiriño de Santiago.

A Concellaría de Centros Cívicos organiza esta xornada colaborando, como sucedera en Nadal, coa asociación Muiñeiros do Sarela. A responsable do departamento, Concha Fernández, explicaba que o obxectivo de impulsar un ciclo de Cantos de Taberna é “colaborar na recuperación dunha tradición que tivo o seu momento de esplendor nos anos 60, e que nos últimos anos se vén retomando en moitas cidades galegas da man de agrupacións vinculadas á música tradicional”.

Concha Fernández estivo acompañada polo presidente dos Muiñeiros do Sarela, Fernando Rosendo que agradeceu “a boa acollida do Concello a esta proposta, que completa o festival de Cantos de Taberna que vimos realizando dende hai oito anos pola zona vella”. Segundo Fernando Rosendo, “os locais de hostalería están moi satisfeitos con este programa, porque tamén contribúe a dinamizar a actividade económica, ao tempo que pon en valor a nosa música de raíz”.

Obradoiros e percorridos polas tabernas

A nova cita cos Cantos de Taberna será o venres, 15 de marzo, no barrio do Castiñeiriño. O programa arrincará cos obradoiros de cantos, que se desenvolverán a partir das 18:30 horas no antigo Colexio Ramón Cabanillas, situado ao carón da igrexa do barrio. O encargado de impartilos será Alexandre Cadarso, membro dos Muiñeiros de Sarela e autor do libro Cantigos de Taberna, que recolle máis dun cento de cantos populares e partituras.

Despois dos obradoiros, a xornada completarase co percorrido polos establecementos de hostalería do barrio, a partir das 21:00 horas. Os Cantos de Taberna poderanse escoitar no Café Lupe, no Restaurante Paz Nogueira e no Restaurante Os Biosbardos.

Despois do venres, están previstos novos obradoiros de cantos e roteiros no mes de abril na zona vella, e en maio en Conxo e no Ensanche. En xuño, o Concello colaborará na novena edición do Festival de Cantos de Taberna que organiza a asociación Muiñeiros do Sarela pola zona histórica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies