займ срочно

O Campionato do Mundo de Enduro pasa por Compostela

0

Compostela, 25 de abril do 2018 – A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta dos detalles da proba do Campionato do Mundo de Enduro que se celebrará en Compostela do venres ao domingo próximo.

Na presentación da proba do Mundial de Enduro participaron a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Canda, e o piloto e inspector da FIM Enduro World Championship, Maurizio Micheluz.

A carreira é a segunda proba dun renovado Mundial que arrincou o pasado mes en Finlandia. Contará ademais cun escenario de luxo, xa que a proba arrancará na praza do Obradoiro, “lugar no que nos atopamos hoxe presentando a proba e onde o venres 27 quedará instalado o parque pechado correspondente a esta xornada”, tal e como explicou a concelleira Noa Morales, quen engadiu que “Compostela se vai converter na capital mundial do enduro”. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, incidiu en que “Galicia ten moitísimos lugares excepcionais e deportes que se realizan ao aire libre na temporada de verán o que poderá ver a xente cando visite Santiago esta fin de semana”. Pola súa parte, Mauricio Micheluz quixo “agradecer ás institucións o apoio para desenvolver esta proba”, que reunirá en Compostela a preto de 600 pilotos de todo o mundo e de 6.000 visitantes. Finalmente, o presidente da Federación Galega de Enduro, José Canda, explicou os pormenores da proba, que comezará os dous días da fin de semana ás 9 da mañá.

Despois da inauguración na praza do Obradoiro, as probas trasladaranse as inmediacións do Estadio de San Lázaro e do Polígono Industrial da Sionlla, onde estarán situados o paddock, a área de adestramento, o supertest do venres e a extrema, así como a saída, meta, parque cerrado, e podio os días 28 e 29. O paddock terá un tamaño de 12.000 metros cadrados habilitado con tomas de corrente, auga, wifi, servizos e duchas, e un secundario, que engadirá outros 3.000 metros cadrados dispoñibles.

No referente á proba, os participantes darán tres voltas a un percorrido de 70 quilómetros no que se intercalarán dous controis, un tramo -7 km.-, unha crono -5 km.-, e a extrema -2 km.-, permitindo ao público ter un cómodo acceso a unha sección trialera que se atopará a escasa distancia do paddock.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies