займ срочно

Campaña de recollida de alimentos polo Nadal en Lousame

0

Lousame, 8 de decembro do 2018 – O Concello de Lousame pon en marcha unha recollida solidaria de alimentos para as familias necesitadas do municipio en colaboracion con Cáritas.

As persoas e entidades interesadas en colaborar nesta campaña municipal poden entregar as súas doazóns na casa consistorial ata o próximo 21 de decembro. Os alimentos recollidos serán entregados a Cáritas, que se encargará do seu reparto entre as familias máis necesitadas do municipio.

A campaña busca recoller alimentos básicos como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas… sempre que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente empaquetados e etiquetados. A maiores, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, tamén se solicitan produtos de Nadal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies