Padrón, 13 de maio do 2017 – O BNG de Padrón presentará no vindeiro pleno unha moción para que o concello inste ao goberno a que inclúa nos orzamentos do estado o arranxo da nacional 550 no tramo da Ponte.
O BNG non entende que pese as sucesivas reclamacións tanto no parlamento de Galicia como en Madrid ese tramo sega sen consignación presupostaría. O proxecto de orzamentos xerais do estado para 2017 contempla dúas partidas relacionadas con Padrón, que teñen que ver con estudos que se veñen dotando ano tras ano o que non garante que eses estudos vaian nun futuro a converterse nas obras pertinentes. As actuacións son as seguintes:
- N-550. Variante de trazado na N-550 entre Sigüeiro e Padrón. Dotada con 118.210 euros para rematar de pagar un estudo que ten un custo total de 828 mil euros. Trátase dun estudo que se iniciou no 2005.
- N-550. Tramo: Variante de Pontecesures e Valga. (6 km.). Do mesmo xeito que a partida anterior, esta partida está dotada con 41.000 euros para rematar de pagar un estudo que ten un custo total de 250 mil euros. Trátase dun estudo que se iniciou no 2007.
O BNG explica que non existe, a maiores de estas consignacións, ningún orzamento que posibilite a licitación das obras no presente ano.
Os nacionalistas de Padrón explican a urxencia do arranxo de este tramo da N-550 xa que se trata dun treito de extrema perigosidade por carecer de beiravía e beirarrúas para peóns. Enclaustra aos veciños, xa que o acceso a algunhas vivendas a carón da N-550 hai que facelo en automóbil. Divide ao núcleo de A Ponte e impide a súa integración co núcleo urbano de Padrón. As limitacións son tan graves que na Ponte non dispoñen de parada de autobús, polo que os veciños teñen que acudir a parada de Pontecesures, mais por esta razón vense excluídos da área do Transporte Metropolitano de Santiago.
A proposta que o BNG levará ao pleno de Padrón di o seguinte ” O Pleno acorda instar a Xunta de Galiza a que se dirixa ao Congreso dos Deputados para reclamar, significativamente aos parlamentares eleitos por circunscricións galegas no Congreso, que demanden a partida orzamentaria para este 2017 para a actuación na N-550 no tramo da Ponte nos Orzamentos Xerais do Estado para 2017″.