A Baña, 2 de marzo do 2017 – Por terceira vez a Valedora do Pobo faille un requirimento ao alcalde de A Baña, Andrés García Cardeso, ante a falta de resposta as peticións dos concelleiros socialistas.
Todo se remonta a o ano 2014 cando o grupo socialista de A Baña detectou que un concelleiro do Partido Popular cobrara por acudir as reunións do Consello Escolar sen que chegara a ir a esas xuntanzas. Os socialistas decidiron pedir máis información e ante a falta de transparencia continuada acudiron a Valedora do Pobo que leva desde outubro pasado remitindo escritos que non son contestados, o explica o portavoz socialista no concello José Antonio Pereira
O concelleiro afectado xa non está no Consello Escolar pero o Psoe quere que se aclare dunha vez que cantidades cobrou sen ten asistido as reunións.