займ срочно

As autocaravanas xa teñen espazo propio en Melide

0

Melide, 20 de febreiro do 2018 – A zona de aparcadoiro de autocaravanas de Melide quedou inaugurada esta pasada fin de semana cunha concentración de vehículos na zona habilitada.

A Asociación Galega de Autocaravanas desprazouse ata alí para celebrar unha das súas Asembleas Xerais Ordinarias e logrou reunir máis de cen vehículos na explanada do Campo da Feira melidense.

Ao longo da fin de semana máis de 200 persoas gozaron do ocio, visitaron o Mercamelide, fixeron un tramo do Camiño de Santiago e pasearon e fixeron as súas compras no mercado dominical.

Esta  posta en marcha permite ademais de ofrecer un servizo de carácter público aos condutores, recuperar un amplo espazo que ata o momento  atopábase sen uso. Aínda que a explanada do Campo da Feira era destinado a aparcadoiro, coas últimas modificacións sinalizáronse prazas de maior dimensión para autobuses, camións, autocaravanas e caravanas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies