займ срочно

A Asociación Peregrinos Musicales ofrece catro concertos no Apóstolo

0

Compostela, 26 de xullo do 2023 –  A Asociación Peregrinos Musicales ofrecerá catro concertos de balde dentro da programación das Festas do Apóstolo.

Ensemble Sergey Ilona Timchenko

Os concertos poderán desfrutarse na Praza de Mazarelos os días 27, 28, 29 e 30 de xullo ás 20.00 horas. Ilona Timchenko, presidenta da Asociación Peregrinos Musicales, explica que “Tras a boa acollida rexistrada na anterior programación das Festas do Apóstolo, agradecemos que o Concello siga apostando por este formato de concertos de música de cámara nunha contorna tan emblemática como a Praza de Mazarelos”.

CSMG Ensemble

Os catro concertos incluirán tanto artistas consagrados como novas promesas da música clásica. A primeira das xornadas, mañá xoves, será protagonizada polo cellista vigués Jorge Suárez, Premio Especial ao Mellor Intérprete do Certame de novos Talentos Peregrinos Musicales e gañador do Premio da Asociación Peregrinos Musicales, recentemente outorgado dentro do XIII Festival Peregrinos Musicales. O seu repertorio incluirá a Suite nº1 de Bach, a canción popular Cant dels Ocells, a Suite para violonchelo solo, de G. Cassadó, e a peza Stonehenge, de Pejtsik.

O venres 28 de xullo será a quenda do Ensemble 4 Estacións de Vivaldi, formado por músicos portugueses dunha gran traxectoria internacional: os violinistas Sergey e Alexander Arutyunyan, e Larissa Shomina, ademais do cellista Bruno Miguel Pinheiro Fernándes. Na súa actuación interpretarán o famoso ciclo de pezas do compositor Antonio Vivaldi.

Jorge Suarez

A xornada do sábado 29 de xullo reservarase para as novas promesas da música de cámara co Ensemble CSMG. O concerto estará protagonizado por mozos e mozas pertencentes ao Centro Superior de Música de Galicia e que contan cunha gran traxectoria. Con Manuel Villar como director e ao pianista Martín Chaves como solista, contará coa participación do saxofonista Pablo Castaño, o viola Aitor López, a clarinetista Adriana Rodríguez, ademais do vibráfono Jorge Denis Sanromán e da soprano e pianista Anna Mélikhova. O repertorio incluirá obras de Schumann, Max Bruch, ou Liszt, entre outros grandes compositores.

O concerto final deste ciclo de música de cámara correrá a cargo de Misha Zemtsov (viola) e Ilona Timchenko (piano). O programa musical deste dúo incluirá as seguintes obras: En estilo de Albéniz, de R. Schshedrine; Melodie im alíen Stil, de E. Zemtsev; Carmen Fantasie, de Bizet-Waxman; Andaluza, de E. Granados; Mallorca (Barcarola), de I.Albeniz, e a Sonata para Viola e Piano, Op. 120, No. 2, de Johannes Brahms.

Desde a Asociación Peregrinos Musicales animan a poboación de visitantes a gozar destas veladas de música clásica da man de grandes solistas e das novas promesas deste xénero. Trátase, pois, dunha oportunidade idónea para gozar de pezas de grandes compositores nunha contorna tan emblemática como a Praza de Mazarelos e de xeito totalmente gratuíto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies