Ames, 22 de novembro do 2018 – O Concello de Ames, mediante a Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, organiza un curso de lingua de signos española para principiantes, que se impartirá entre os meses de novembro e abril.
As inscricións para participar nesta actividade, que é gratuíta, poden realizarse acudindo á Oficina de Servizos Sociais do Milladoiro, ou a través dos teléfonos 981 535 941 ou 981 890 964. O curso está destinado a persoas que se inicien na lingua de signos española, co obxectivo de que os participantes coñezan e aprendan na súa fase inicial unha linguaxe coa que romper as barreiras coas persoas xordas, mellorando a interacción social e comunicativa coas oíntes.
O curso, de 60 horas repartidas en 34 sesións, impartirase no local de ARCEA – ADAMES do Milladoiro entre o 29 de novembro e o 25 de abril do vindeiro ano, todos os martes e xoves en horario de 17.00 a 18.45h. Para participar nesta formación gratuíta será necesario inscribirse chamando as oficinas de Servizos Sociais, ou ben a do Milladoiro mediante o 981 535 941, ou á oficina de Bertamiráns no 981 890 964.