займ срочно

Ames e teo traballaran en conxunto en atención temperá

0

Bisbarra, 25 de outubro do 2021 – Ames e teo traballaran de forma conxunta na atención temperá grazas a o convenio asinado o pasado día 11.

Os dous concellos veñen de constituír, en virtude de ese convenio, unha comisión mixta para a coordinación. Os obxectivos de esre órgano son regular as condicións de prestación do servizo de atención temperá e as normas internas de xestión.

Na primeira xuntanza desta comisión participaron a concelleira Igualdade e Benestar Social de Ames, Luísa Feijóo, o concelleiro de Servizos Sociais de Teo, Ignacio Iglesias, a coordinadora de Servizos Sociais de Teo, Mónica Mella, e Rosana Martínez, técnica de Promoción da Saúde de Ames.

O SAT situarase nun Local habilitado na Travesía de Casalonga, 67- 1º, e contará con servizo de psicoloxía, logopedia e terapia ocupacional. Está previsto que comece na primeira semana de novembro.

O seguimento da xestión do servizo, a elaboración dun orzamento anual, a fixación do catálogo das condicións da prestación, o establecemento das directrices básicas da prestación conxunta e do programa que fixa as liñas básicas de actuación, a elaboración das normas internas de xestión, a interpretación do convenio, a proposta, se fose o caso, de “adendas” e a resolución de dúbidas son os cometidos que ten a Comisión mixta de coordinación”.

Tr´tase de ofrecer a cidadanía un Servizo de Atención Tempera para aquelas familias que teñen fillos ou fillas con necesidades especiais nos primeiros anos da crianza. O profesorado dos Centros Educativos de Ames e de Teo, o persoal sanitario dos Centros de Saúde e os propios Servizos Sociais serán os encargados de propoñer os casos que precisan ser derivados ao servizo.

Na primeira reunión do SAT, que se desenvolveu na futura sede do servizo, constituíuse formalmente a Comisión de coordinación e trazáronse os pasos a seguir para a elaboración do catálogo de servizos; establecéronse a periodicidade das xuntanzas, as necesidades orzamentarias e os detalles de organización do propio servizo.

“Apesares de que se opta polo modelo de xestión indirecta , por medio desta comisión de coordinación ambos concellos seguiremos exercendo un amplo control sobre o servizo e tendo un papel destacado tanto no acceso ao propio servizo, como na coordinación desta atención con outras intervencións sociais que se poidan estar desenvolvendo en cada caso concreto”, manifesta a concelleira de Servizos Sociais de Ames, Luísa Feijóo que asemade engade que “tamén se fará unha supervisión xeral da prestación do SAT” e que “a posta en marcha deste servizo é un paso mais cara uns servizos públicos de calidade mediante unha oferta de recursos  que dea resposta ás necesidades da poboación, valorizando os recursos dispoñibles.

Obxectivos de colaboración

O convenio de colaboración para a xestión compartida do SAT entre Ames e Teo baséase no principio xeral de “colaboración interadministrativa, para a efectividade da coordinación e eficacia administrativa”. O convenio concrétase nas vantaxes de posibilitar na actual situación de crise económica a prestación dun servizo público, prestar de forma eficaz e eficiente este servizo público, minorar os custos antieconómicos da prestación illada, garantir o acceso da veciñanza a uns servizos públicos de calidade mediante unha oferta de recursos suficiente e equilibrada, dar resposta ás necesidades da poboación mediante unha axeitada planificación previa e pór en valor os recursos dispoñibles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies